Mat. Aplic.
CCSS II
TEMA2: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS
SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS
Chámase ecuación lineal con n incógnitas a toda expresión da forma
a 1 x1 + a 2 x2 + a 3 x3 + ... + a n xn = b,
onde x1, x2 , x3 , ... , xn son as incógnitas, a 1 , a 2 , a 3 , ... , a n números reais chamados coeficientes, e
b o termo independente.
Nas ecuacións lineais as incógnitas non aparecen elevadas a ningún expoñente, nin baixo signo
radical, nin en denominadores. Son todas de grao un.
Chámase solución ou raíz da ecuación lineal con n incógnitas aos valores s 1 , s2 , s3, ..., sn que,
substituídos simultaneamente en cada incógnita, fan que se verifique a igualdade.
Un sistema de m ecuacións lineais con n incógnitas é un conxunto de m ecuacións lineais, cuxas
solucións (se as hai) teñen que ser simultaneamente solucións de todas as ecuacións do sistema, o
que se pode escribir así:
a11 x1 a12 x2 ... a1n xn b1
a x a x ... a x b
21 1 22 2 2n n 2
...............................................
am1 x1 am 2 x2 ... amn xn bm
onde a ij son números reais chamados coeficientes, b i son os termos independentes e as xj as
incógnitas do sistema, con i = 1,2,3,...,m e j = 1, 2, ..., n.
Se os termos independentes son todos nulos, o sistema chámase homoxéneo.
Un sistema é compatible se ten polo menos unha solución. Se é única, dise compatible
determinado, mentres que se ten máis dunha, entón hai infinitas e o sistema é compatible
indeterminado. Os sistemas que non teñen ningunha solución dise que son incompatibles.
NOTACIÓN MATRICIAL
Chamaremos matriz do sistema á matriz de orde mxn formada polos coeficientes do mesmo:
a11 a12 ... a
1n
a a ... a
A 21 22 2n
... ... ... ...
a a ... a
m1 m 2 mn
1
Mat. Aplic. CCSS II
A matriz ampliada do sistema é de orde mx(n+1) e obtense engadindo á matriz A, a columna
formada polos termos independentes:
a11 a12 ... a b
1n 1
* a a ... a b
A 21 22 2n 2
... ... ... ... ...
a a ... a b
m1 m 2 mn m
Se designamos por X á matriz columna formada polas incógnitas, e por B á matriz columna dos
termos independentes, o sistema escríbese en forma matricial así:
𝐴∙𝑋 = 𝐵
a11 a12 ... a x b
1n 1 1
a21 a22 ... a x b
2n 2 2
... ... ... ... ... ...
a a ... a x b
m1 m 2 mn n m
Se calculamos a matriz X, teremos resolto o sistema de ecuacións. Se a matriz A ten inversa
( 𝐴 ≠ 0) podemos despexar X: 𝑋 = 𝐴 −1 ∙ 𝐵
Resolución de sistemas mediante o método de Gauss
Dous sistemas de ecuacións son equivalentes cando teñen as mesmas solucións. Para obter un
sistema equivalente a outro dado, pódense realizar as seguintes operacións:
Multiplicar ou dividir os dous membros dunha ecuación por un número real distinto de cero.
Sumar ou restar a unha ecuación do sistema, outra multiplicada por un número.
Eliminar as ecuacións que sexan combinación lineal do resto.
Intercambiar ecuacións.
O método de Gauss consiste en transformar un sistema de ecuacións noutro equivalente, de forma
que cada ecuación teña unha incógnita menos ca anterior (sistema escalonado). É dicir, noutro de
fácil resolución, cuxa matriz do sistema sexa unha matriz triangular. Para conseguilo efectúanse,
segundo conveñan, as transformacións elementais anteriormente citadas. Todas elas poden
realizarse directamente sobre a matriz asociada ao sistema.
Discusión dun sistema de ecuacións co método de Gauss
Se ao operar coas filas da matriz ampliada asociada a un sistema, aparece unha fila con todos os
seus elementos cero, suprímese.
E chegamos a unha das tres situacións seguintes:
O sistema de ecuacións, ou a súa matriz asociada, adopta finalmente unha das formas seguintes:
2
Mat. Aplic. CCSS II
0
I. representan números distintos de cero.
0 0
Representan calquera número.
0 0 0
Hai o mesmo número de ecuacións que de incógnitas. De forma escalonada, obtemos un valor
numérico para cada incógnita. O sistema ten solución única, polo tanto, é un sistema compatible
determinado.
II. 0 Hai máis incógnitas que ecuacións.
As incógnitas que están de máis pásanse ao segundo membro, co que as demais se darán en función
delas. O sistema é compatible indeterminado, ten infinitas solucións.
...
III. ...
...
0 0 ... 0
Se aparece unha fila de ceros, agás o último, distinto de cero, quere dicir que se chegou a unha
III. doSe tipo
ecuación 0𝑥 unha
aparece + 0𝑦fila
+de
⋯ ceros,
+ 0𝑡 agás
= 𝑘 o≠último,
0, o distinto de
cal é unha igualdade imposible. O sistema é
incompatible, non ten solución.
Exemplos:
2 x 5 y 3 z 4
1) Resolver polo método de Gauss o sistema: x 2 y z 3
5 x y 7 z 11
Solución:
F 2F
2 1
2 5 3 4 F F 1 2 1 3 F 5F 1 2 1 3 F 11F
1 2 1 3
2
1 2
5 3 4
3 0 1 1 2
1 3
2
5 1 7 11 5 1 7 11
0 11 2 4
1 2 1 3
0 1 1 2
0 0 13 26
Na derradeira fila teremos que 13𝑧 = −26 ⇒ 𝑧 = −2 e substituíndo nas anteriores quedará que
𝑦 = 0, 𝑥 = 5. O sistema é compatible determinado.
3
Mat. Aplic. CCSS II
x 3 y 7 z 10
2) Resolver polo método de Gauss o sistema: 5 x y z 8
x 4 y 10 z 11
Solución:
F 5F
2 1
1 3 7 10 1 3 7 10 1 3 7 10
F3 F1 2 F3 F2
5 1 1 8
0 14 34 42
0 7 17 21
0 14 34 42
0 0
1 4 10 11 0 0
x 3 y 10 7 z
O sistema é compatible, pero indeterminado. Queda así:
7 y 21 17 z
Despexamos x, y nas dúas ecuacións, e asignámoslle a z un valor constante calquera que
representaremos por λ , a solución do sistema sería:
2 17
x 1 , y 3 , z ( R )
7 7
Para cada valor de λ temos unha solución distinta.
x 3 y 2 z 7
3) Resolver polo método de Gauss o sistema: 2 x y 15 z 3
x 8 y 21z 11
Solución:
F 2F
2 1
1 3 2 7 F F 1 3 2 7 F F 1 3 2 7
1 0 5 2 0 5 19 11
2 1 15 3 3 19 11 3
1 8 21 11 0 5 19 4 0 0 0 7
É un sistema incompatible, pois chegouse á ecuación 0𝑥 + 0𝑦 + 0𝑧 = −7, o que é imposible.
Teorema de Rouché -Frobenius
Dado un sistema de ecuacións, a condición necesaria e suficiente para que o sistema sexa
compatible, é dicir, que teña solución; é que o rango da matriz de coeficientes coincida co rango da
matriz ampliada.
𝑟𝑎𝑛𝑔𝑜 𝐴 = 𝑟𝑎𝑛𝑔𝑜 𝐴 ∗ = 𝑛ú𝑚𝑒𝑟𝑜 𝑑𝑒 𝑖𝑛𝑐ó𝑔𝑛𝑖𝑡𝑎𝑠 ⇒ 𝑆𝑖𝑠𝑡𝑒𝑚𝑎 𝐶𝑜𝑚𝑝𝑎𝑡𝑖𝑏𝑙𝑒 𝐷𝑒𝑡𝑒𝑟𝑚𝑖𝑛𝑎𝑑𝑜
𝑟𝑎𝑛𝑔𝑜 𝐴 = 𝑟𝑎𝑛𝑔𝑜 𝐴 ∗ < 𝑛ú𝑚𝑒𝑟𝑜 𝑑𝑒 𝑖𝑛𝑐ó𝑔𝑛𝑖𝑡𝑎𝑠 ⇒ 𝑆𝑖𝑠𝑡𝑒𝑚𝑎 𝐶𝑜𝑚𝑝𝑎𝑡𝑖𝑏𝑙𝑒 𝐼𝑛𝑑𝑒𝑡𝑒𝑟𝑚𝑖𝑛𝑎𝑑𝑜
𝑟𝑎𝑛𝑔𝑜 𝐴 ≠ 𝑟𝑎𝑛𝑔𝑜 𝐴 ∗ ⇒ 𝑆𝑖𝑠𝑡𝑒𝑚𝑎 𝐼𝑛𝑐𝑜𝑚𝑝𝑎𝑡𝑖𝑏𝑙𝑒
4
Mat. Aplic. CCSS II
Exercicios:
1.- Resolver os seguintes sistemas:
2𝑥 − 𝑦 + 𝑧 = 3 𝑥 − 2𝑦 + 𝑧 = −1 3𝑥 − 2𝑦 + 4𝑧 = 0
a) 3𝑥 + 2𝑦 − 𝑧 = 4 b) 2𝑥 + 𝑦 − 𝑧 = 6 c) −𝑥 + 5𝑦 − 𝑧 = 0
5𝑥 − 4𝑦 + 2𝑧 = 3 4𝑥 − 3𝑦 + 𝑧 = 8 𝑥 + 8𝑦 + 2𝑧 = 0
2.- Resolver aplicando o método de Gauss:
𝑥 + 𝑦+𝑧 = 0 𝑥+ 𝑦−𝑧 = 1 3𝑥 + 4𝑦 − 𝑧 = 3
a) 𝑥 + 3𝑦 + 2𝑧 = 0 b) 3𝑥 + 2𝑦 + 𝑧 = 1 c) 6𝑥 − 6𝑦 + 2𝑧 = −16
2𝑥 + 4𝑦 + 3𝑧 = 0 5𝑥 + 3𝑦 + 3𝑧 = 1 𝑥 − 𝑦 + 2𝑧 = −6
3.- Clasifica e resolve, se é posible, os seguintes sistemas:
𝑥 − 2𝑦 + 3𝑧 = −3 𝑥 − 2𝑦 + 𝑧 = 0 𝑥 + 𝑦 − 𝑧 = 10
a) 2𝑥 + 𝑦 = 2 b) 𝑥 + 𝑦 − 2𝑧 = −3 c) 𝑥 − 𝑦 + 𝑧 = 5
−𝑥 − 8𝑦 + 9𝑧 = 3 −2𝑥 + 5𝑦 − 𝑧 = 5 2𝑦 − 2𝑧 = 5
3𝑥 + 5𝑦 + 2𝑧 = 1
4.- Expresa en forma matricial e resolve utilizando a matriz inversa: 𝑥 − 𝑦−𝑧 = 0
2𝑥 + 3𝑦 + 4𝑧 = 2
1 1 1 𝑦 2
5.- Dado o sistema de ecuacións lineais 𝑥 2 + 0 1 = 3 , expresalo na forma
𝑧
1 1 0 2
matricial 𝐴𝑋 = 𝐵 e calcular a matriz inversa de A. Resolvelo.
6.- Consideramos as matrices:
𝑎 𝑎 1 𝑏 −𝑏 1 𝑐 −3 1
𝐴= 𝐵= 𝐶=
𝑎 0 0 3 0 0 𝑐 0 0
a) Calcular as matrices 𝐴 + 𝐵 𝑒 3𝐶 − 𝐵.
b) Expresar en forma matricial e resolver o sistema de ecuacións que se obtén ao igualar
𝐴 + 𝐵 = 3𝐶 − 𝐵.
5𝑥 2 3𝑧 2
1
7.- Sexan as matrices 𝐴 = 2𝑥 2 , 𝐵= , 𝐶= 𝑧 , 𝐷= 3 2
𝑦
𝑥 −2 2𝑧 −3 2
a) Calcula a matriz 𝐴 ∙ 𝐵 + 𝐶
b) Sabendo que 𝐴 ∙ 𝐵 + 𝐶 = 2𝐷, formula un sistema de ecuacións e atopa os valores de x, y, z.
8.- Unha tenda vendeu 225 memorias USB de tres modelos diferentes A, B, C, e ingresou un
total 10500 €. A memoria A custa 50 €, e os modelos B e C son, respectivamente, un 10% e un
40% máis baratos que o modelo A. A suma das unidades vendidas dos modelos B e C é a
metade das vendidas do modelo A. Calcula cantas unidades se venderon de cada modelo.
9.- Un barco transporta 400 vehículos (coches, camións e motos). Por cada 2 motos hai 5
camións. Os coches representan as 9/7 partes dos outros vehículos. Cantos vehículos de cada
tipo transporta o barco?
5
Mat. Aplic. CCSS II
10.- a) Acha un número de tres cifras de xeito que a suma das centenas e as unidades co dobre
das decenas é 23; a diferenza entre o dobre das centenas e a suma das decenas mais as unidades
é 9 e a media das centenas e decenas mais o dobre das unidades é 15.
b) É posible atopar un número de tres cifras se cambiamos a terceira condición por “o triplo das
centenas mais as decenas é 25”?
11.- Unha panadería utiliza tres ingredientes A, B e C para elaborar tres tipos de torta.
A torta T1 faise con 1 unidade de A, 2 de B e 2 de C.
A torta T2 leva 4 unidades de A, 1 de B e 1 de C
E a T3, necesita 2 unidades de A, 1 de B e 2 de C.
Os prezos da venda ao público son 7,50 € a T1; 6,50 € a T2 e 7 € a T3.
Sabendo que o beneficio que se obtén coa venda de cada torta é de 2 €, calcula canto lle custa á
panadería cada unidade de A, B e C.
12.- Tres comerciantes invisten na compra de ordenadores dos modelos A, B e C da seguinte
forma:
O primeiro inviste 50000 € nos de tipo A, 25000 € nos de tipo B e 25000 € nos de tipo C.
O segundo dedica 12500 € aos de tipo A, 25000 € aos de tipo B e 12500 aos de tipo C.
E o terceiro, 10000 €, 10000 € e 20000 €, respectivamente, nos modelos A, B e C.
Despois de vendelos todos, a rendibilidade que obtén o primeiro é o 15%, o segundo o 12% e o
terceiro o 10%. Determina a rendibilidade de cada un dos modelos vendidos.
13.- Un cliente dun supermercado pagou un total de 156 euros por 24 litros de leite, 6 kg de
xamón e 12 litros de aceite de oliva. Propoña e resolva un sistema de ecuacións para calcular o
prezo unitario de cada artigo, sabendo que 1 litro de aceite costa o triplo ca un litro de leite, e un
quilo de xamón costa igual ca 4 litros de aceite máis 4 litros de leite.
14.- Un caixeiro automático contén 95 billetes de 10, 20 e 50 € e un total de 2000 €. Se o número de
billetes de 10 € é o dobre que o número de billetes de 20 €, calcula cantos billetes hai de cada tipo.
15.- Unha compañía ten tres camións (P, Q e R), nos que caben exactamente un certo número de
colectores de tres tipos (A, B e C), de acordo coa seguinte táboa:
A B C
P 5 3 4
Q 2 5 5
R 4 3 6
Se se teñen que transportar 45 colectores do tipo A, 44 do tipo B e 58 do tipo C, cantas viaxes
ten que facer cada camión se todas as viaxes as fan totalmente cheos?