Academia.eduAcademia.edu

Caminos de ida y vuelta: la emigración heredada

2017

Abstract

, surxiu co obxectivo de dar resposta ao desarraigo dun grupo de estudantes arrincados polos seus pais do seu país e das súas escolas e traídos a Galiza, unha terra para eles coñecida a través dos recordos dos seus avós e pola súa participación en eventos dos centros galegos aos que acudían en comunidade, aínda que axiña se converteu en algo máis: na recuperación dunha parte importante da memoria de Galiza a través das historias familiares. Os relatos recollidos coas voces dos protagonistas da diáspora ou dos seus descendentes, a posibilidade que nos regalaron de poder dixitalizar fotografías, documentos gardados durante décadas (pasaportes, autorizacións de traballo, partidas de nacemento, epistolarios cos que acó ficaban) transformáronse nun tesouro conservado no arquivo do noso instituto. Co traballo coñecemos elementos patrimoniais (gastronomía, música, artesanías, lendas, ditos...) coidados con amor e transmitidos, que conforman parte da identidade cultural dos países de acollida. A isto sumouse a experiencia de coñecemento arredor de Luís Seoane en Bos Aires, fundamentalmente o da súa produción muralística.