Papers by Jose Francisco Castro Vilariño

As fontes documentais 3.2. A información cartográfica viaria a. O itinerario de Juan de Villuga d... more As fontes documentais 3.2. A información cartográfica viaria a. O itinerario de Juan de Villuga de 1546 b. A cartografía do século XVII c. Finais do XVII d. Primeira metade do XVIII e. Na segunda metade do XVIII e inicios do XIX f. Finais do XIX 4.1. Camiños d´A Coruña a Costa de Bergantiños e a Fisterra (Camiño de Fisterra) 4.2. O Camiño Inglés e o Camiño d´A Coruña ao Camiño Francés-Lalín Ribadavia/Ourense 4.3. Camiños entre os ríos Eume e Mandeo: Camiño de Betanzos a Vilalba, Pontedeume-Monfero-Camiño a Vilalba, As Pontes-Camiño a Vilalba e Monfero-N-VI. 4.4. O Camiño Real de aceso a Galicia ou Carretera de Castilla. A xénese da N-VI 4.5. Camiños desde Betanzos ao Sur: Betanzos-Portomarín (Camiño Primitivo e Camiño Francés) e Betanzos-Melide (Camiño Francés) 4.6. Camiño de Santaia de Curtis a Cabovilaño/Paiosaco (Camiño de Fisterra) e camiño das Encrobas ao Val de Veiga (Camiño Inglés, N-550) 5.1. Contexto na historia da construción viaria 5.2. Contexto arqueolóxico 6.1. Oppida e contexto viario xeral 6.2. O ramal de aceso ao castro das Travesas desde a vía Per Loca Maritima 6.3. Resultados da escavación arqueolóxica: detalle construtivo 6.4. Implicacións e conclusións

A rredor de 1950, don Francisco Vales Villamarín pensou que era necesario facer un estudio, aínda... more A rredor de 1950, don Francisco Vales Villamarín pensou que era necesario facer un estudio, aínda que fose rápido, dos camiños xacobeos que pasaban por Betanzos, xa que ninguén escribira nada ó respecto. Dividiu o traballo en 4 itinerarios. O primeiro sería o que podemos chamar CAMIÑO MARIÑÁN e iníciase no porto de Fontán en Sada, pasa polas terras de Bergondo e chega a Betanzos. O segundo é o CAMIÑO INGLÉS que parte dos portos de Mugardos, O Seixo e Ferrol e pasa por Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne para chegar ó santuario de Nosa Señora do Camiño en Betanzos. O terceiro é o CAMIÑO DO NORTE que parte de Oviedo, pasa por Ribadeo, Mondoñedo e Vilalba e desde aí conflúe co CAMIÑO INGLÉS no popular e xa mencionado santuario de Nosa Señora do Camiño ou dos Remedios en Betanzos. E, finalmente, o cuarto é o que, unidos os tres anteriores, parte de Betanzos cara a Santiago de Compostela. Estes traballos, máis un específico sobre o santuario dos Remedios, de Betanzos, uniunos todos don Francisco nun longuísmo discurso que leu en 1955 na súa entrada como membro da Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña. Sen embargo, non os publicou xuntos. Empezou polo Santuario dos Remedios no 1968. Seguiu polo cuarto itinerario no 1975, na revista La Coruña, paraíso del turismo. E, o traballo que nos importa agora, o primeiro itinerario, xunto co segundo e terceiro, perdeuse.
Uploads
Papers by Jose Francisco Castro Vilariño