Papers by Xavier Varela Barreiro
Direccion Xeral de Politica Linguistica da Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria da... more Direccion Xeral de Politica Linguistica da Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria da Xunta de Galicia
" A mi dizen quantos amigos ey": …, 2008
Por comodidade, chamaremoslle cantiga a este texto aínda que nada sabemos de se estaba concibida ... more Por comodidade, chamaremoslle cantiga a este texto aínda que nada sabemos de se estaba concibida para ser cantada ou non.

Na presente contribución preséntase a configuración da microestrutura dos verbos empregada na con... more Na presente contribución preséntase a configuración da microestrutura dos verbos empregada na confección dun novo glosario do Cancioneiro da Ajuda. O texto de partida é unha nova edición –interpretativa e aínda inédita– do cancioneiro realizada por Mariña Arbor. A preparación dos materiais realizouse nun marco que transcende, amplamente, o propio glosario. No seu horizonte están o Dicionario Histórico Galego, o Dicionario do Galego Medieval e a Gramática Histórica da Lingua Galega. Na cerna da microestrutura están as informacións lingüísticas, distribuídas nos apartados semántico, morfolóxico, sintáctico e fraseolóxico. Por se tratar dunha obra en verso, compleméntanse os datos precedentes cunhas pinceladas de proxección literaria (inventario dos usos das palabras en incipit de cantiga e en posición de rima).Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia (PGIDIT06PXIB240159PR). La lírica gallego-portuguesa en la corte de Alfonso X. Autores y te...
LaborHistórico, 2018
Os estudos de lingüística histórica galega gozan de boa saúde na actualidade e é numeroso o grupo... more Os estudos de lingüística histórica galega gozan de boa saúde na actualidade e é numeroso o grupo de investigadores que, desde lugares e países moi distantes entre si, participan no seu desenvolvemento. Neste artigo os autores ofrecen unha breve panorámica das achegas recentes a esta disciplina filolóxica, focando o obxectivo principalmente na produción bibliográfica, nos recursos de investigación accesibles na Internet, nos proxectos de investigación en andamento e nos encontros e eventos científicos centrados nesta área da lingüística galega.
Revista Galega de Filoloxía, 2001
Entre os diferentes tipos de pronomes existentes no galego actual, sobrancea a forma Vario(s) por... more Entre os diferentes tipos de pronomes existentes no galego actual, sobrancea a forma Vario(s) por se tratar dunha forma erudita que só comeza a se detectar nos textos no século XIX, aínda que as gramáticas da altura (Mirás, 1864; Cuveiro, 1868; Saco Arce, 1868; Valladares, 1892) non a inclúan nos seus inventarios pronominais. Neste artigo preténdese facer un achegamento ás vicisitudes que acompañan o proceso de emerxencia do pronome Vario(s) no galego contemporáneo, asunto para o cal se manexarán os estudios filolóxicos galegos, se concederá atención á época en que se introduce e finalmente se exporán unhas reflexións á volta das condicións e dos motivos de a tal forma se incorporar aos paradigmas de pronomes.
Revista Galega de Filoloxía, 2014
O principal obxectivo da presente contribución é explicar detalladamente o sistema braquigráfico ... more O principal obxectivo da presente contribución é explicar detalladamente o sistema braquigráfico do Cancioneiro da Ajuda. Ademais da aproximación paleográfica aos diferentes sinais abreviativos empregados, estúdanse os seus valores, a súa distribución e a proporción que representan fronte ás diferentes formas plenas. Así mesmo, tamén se analizan outros parámetros como a posición que ocupan as abreviaturas ou, sobre todo, os cadernos en que aparecen. Todo o anterior permitiranos deseñar na súa integridade, e comprender, o mapa braquigráfico de A.
A lexicografía galega moderna. recursos e perspectivas
ABSTRACT
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 2014
RESUMO Neste traballo describimos as pautas de uso das letras maiúsculas no códice To das Cantiga... more RESUMO Neste traballo describimos as pautas de uso das letras maiúsculas no códice To das Cantigas de Santa María. Distinguimos nel o emprego de dous sistemas de uso ben diferenciados nas maiúsculas de palabra e poñemos este feito en relación coa posibilidade de que a confección do códice se realizase en dous momentos diferentes. Serviunos tamén para establecer unha primeira hipótese sobre as relacións cronolóxicas entre os catro códices das Cantigas e entre estas, o Cancioneiro da Ajuda e o Pergamiño Vindel.
O corpus do galego medieval Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
Diacronía de las lenguas iberorrománicas, 2009
This paper describes the configuration of the verbal microstructure used in a new glossary of the... more This paper describes the configuration of the verbal microstructure used in a new glossary of the Cancioneiro da Ajuda. The text we worked with is a new, as yet unpublished interpretative edition of the Cancioneiro by Marina Arbor. The preparation of the materials was carried out within the framework of three research activities: the Galician Historical Dictionary, the Dictionary of Medieval Galician and the Historical Grammar of the Galician Language. The core of the microstructure holds linguistic information organised into semantic, morphological, syntactic and phraseological sections. Since the Cancioneiro is in verse, literary remarks are appended (inventory of the uses of words in incipit and rhyme positions).

Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Nov 14, 2017
Este traballo realizouse no ámbito dos proxectos de investigación "Cultura libraria na Galiza bai... more Este traballo realizouse no ámbito dos proxectos de investigación "Cultura libraria na Galiza baixomedieval. Tesouro dixital da prosa histórica e literaria dos sécs. XIV e XV" (Xunta de Galicia, Plan I2C 2011-2015), desenvolvido no marco do grupo FILGA (GI-1743 Filoloxía e Lingüística Galega) da USC, e "LEMACIST. Libros, memoria y archivos: cultura escrita en monasterios cistercienses del noroeste penin-sular (ss. XII y XIII)", financiado polo Ministerio de Educación y Ciencia (HAR2013-40410-P); tamén é reflexo da colaboración co Seminário Medieval de Língua, Pensamento e Sociedade (SMELPS/IF/FCT UI&D/Fil/ 00502) e coa Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares (USC R2014-012). Unha primeira aproximación a este traballo foi presentada como plenaria no XVI Congreso da AHLM celebrado na Universidade do Porto en 2015. Expresamos o noso agradecemento aos compañeiros e amigos
As grafías no Cancioneiro da Ajuda
http://ilg.usc.es/ M. Arbor Aldea / X. Varela Barreiro (2008): “O uso dos signos gráficos e como ... more http://ilg.usc.es/ M. Arbor Aldea / X. Varela Barreiro (2008): “O uso dos signos gráficos e como segundo elemento de ditongo decrecente. A evidencia de dúas mans na copia do Cancioneiro da Ajuda”, en M. Brea / F. Fernández Rei / X. L. Regueira: Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 419-442. __________________________________________________________________________
In this work we describe the use guidelines of capital letters into the codex To of the Cantigas ... more In this work we describe the use guidelines of capital letters into the codex To of the Cantigas de Santa Maria. We distinguish on it the employment of two well differenced use systems into word capitals and we put this fact in relation with the possibility that the preparation of the codex was made in two different moments. It was also useful to establish a first hypothesis about chronological relationships between the four codices of the Cantigas, and between these ones, the Cancioneiro da Ajuda and the Pergamino Vindel.
Revista Galega de Filoloxía, 2014
The main objective of this article is to explain in detail the system of abbreviations used in th... more The main objective of this article is to explain in detail the system of abbreviations used in the Galician-Portuguese Cancioneiro da Ajuda. In addition to a paleographic description of the different abbreviation signs used, the authors examine their values and distribution, as well as the proportion occupied by these signs compared to the forms written in full. Other parameters are also taken into account, such as the position of the abbreviations and, above all, the quires in which they appear. The above-mentioned issues will make it possible to draw in its entirety, and to understand, the ‘brachygraphic map’ of the Ajuda songbook.
As grafías no Cancioneiro da Ajuda
Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media
A lingua galega no solpor medieval.
El asturiano en el tránsito de la Edad Media a la Moderna (siglos xiv-xvii): entre el retroceso y... more El asturiano en el tránsito de la Edad Media a la Moderna (siglos xiv-xvii): entre el retroceso y la toma de conciencia lingüística Xulio Viejo Fernández Galego-portugués e castelán na Galiza do século xv. Retrincos significativos na documentación xudicial da colección documental da catedral de Lugo Xavier Varela Barreiro e Ricardo Pichel Gotérrez Cambios desde abaixo e cambios desde arriba no galego do século xv Ramón Mariño Paz A interpolación pronominal no tránsito do galego medieval ao galego moderno Xosé Manuel Sánchez Rei A castelanización da toponimia na documentación instrumental galega da Idade Media Lucía Doval Iglesias e Gonzalo Hermo González O REINO DE GALICIA NO REMATE DA IDADE MEDIA

Linguamática
Este artigo apresenta o método de construção duma ferramenta para a anotação de entidades geográf... more Este artigo apresenta o método de construção duma ferramenta para a anotação de entidades geográficas mencionadas em textos medievais. A nova ferramenta foi desenvolvida a partir dos módulos de língua contemporânea do LinguaKit, pacote multilingue de ferramentas de PLN. Uma coleção de corpora anotados manualmente serviu de recurso para elaborar uma lista de topónimos medievais (gazetteers) e observar padrões para a melhora e implementação de novas regras de reconhecimento dos nomes de lugar. Depois da lista de entidades geográficas, os ativadores contextuais (triggers) foram o recurso determinante na melhora da abrangência. Para o produto final, fizeram-se também ajustes menores na procura de recolher os elementos mais comuns do léxico e os contextos gramaticais das entidades geográficas mencionadas. Ainda que muito trabalho fica por fazer na elaboração de listas para entidades não geográficas, na construção dum modelo de língua medieval e um lexicon específico, o novo módulo pode s...

Reclamación dun espacio para Vario(s) entre as voces eruditas A recuperación de información refer... more Reclamación dun espacio para Vario(s) entre as voces eruditas A recuperación de información referente á forma Vario(s) non debería de pasar por alto-e mesmo debería empezar por-a consulta dos estudios de carácter lexicolóxico ocupados nas voces eruditas. O seu interese neste plano é dobre, pois convive coa forma patrimonial Veiro 'de varias cores' 'arteiro, raposeiro' (Carballeira 2000, s.v.). Con ela forma unha parella de formas diverxentes ou alotrópicas derivadas ambas da base latina VARIUM 'variado, matizado, distinto' 'mudable, inconstante, indeciso' e non moi distintas na súa relación histórica de chavella / clavícula, foz / fauce, insua / ínsula, leigo / laico, selo / sixilo, xeral / xeneral... (Ferreiro 1997: 25-6). Inmotivadamente non se atopan incluídas estas formas nos estudios en que se atende ó cultismo (Ferreiro 1997, por exemplo) e non se me ocorre outra razón que a exclusión sistemática de unidades que non teñan carácter eminentemente léxico. A Vario(s) atribúeselle unha categoría gramatical-pronome-e por iso o interese que suscita é menor. * Este traballo realizouse no marco dos proxectos de investigación Gramática Histórica da Lingua Galega e A oración en galego medieval, que dirixo no Instituto da Lingua Galega. Agradézolle a Manuel Ferreiro as súas asisadas observacións, coas que o traballo mellorou notablemente.
Uploads
Papers by Xavier Varela Barreiro