Saltar ao contido

picar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /piˈ.kaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

picar

  1. Ferir superficialmente cun obxecto rematado en punta.
  2. Ferir unha ave, un insecto ou certos réptiles co seu peteiro ou cun aguillón.
  3. Cortar ou patir algo en anacos pequenos
  4. Facer un ou varios buratos en algo cun obxecto rematado en punta.
  5. Traballar pedra con pica, pico, ou un instrumento semellante.
  6. Desfacer os terróns que quedan na leira despois de labrarla
  7. Peteirar, colleren as aves o alimento co peteiro.
  8. Probar, comer un pouco dunha comida.
  9. Ferir ao touro o picador coa pica.
  10. (Figurado) Provocar a alguén.

Conxugación