Saltar ao contido

Val de Miñor

(Redirección desde «Val Miñor»)
Val de Miñor
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Contén división administrativa
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   43.999 (2014) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   143,8 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 196643
Wikidata C:Commons

O Val de Miñor[1][2][3][4][5][6][7], tamén chamado por influencia castelá Val Miñor[8][9][10][11][12][13], é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Abrangue unha superficie total de 143,75 km², que sumaba en 2022 unha poboación de 45 373 habitantes.

Os concellos conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.

Topónimo histórico: Val de Miñor

[editar | editar a fonte]

Segundo Gonzalo Navaza,[1] Val de Miñor é a forma tradicional e orixinal para se referir a esta bisbarra.[1] Documéntase dende o século XIII.[1] A forma Val Miñor debe entenderse como unha regaleguización da forma deturpada e castelanizada Valle Miñor, que se espallou grazas á prensa.[1] Dende esta publicación, varias entidades, como o Instituto de Estudos Miñoráns, empregan a forma orixinal Val de Miñor.[14][15]

Secasí, ao carecer de entidade administrativa (na división comarcal de Galicia, os tres concellos pertencen a comarca de Vigo), ningún dos dous topónimos pode denominarse oficial.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Concello Extensión
(en km²)
Poboación
(en 2022)
Densidade
(hab./km²)
  Baiona 34,47 12 349 358
  Gondomar 74,51 14 970 200
  Nigrán 34,77 18 054 519
Total 143,75 45 373 315
Fonte: Instituto Galego de Estatística.[16]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Ponte da Ramallosa sobre o río Miñor. Une Sabarís (Baiona) coa Ramallosa (Nigrán).

Debido a expansión da cidade de Vigo, os concellos que formaban o Val Miñor foron absorbidos pola comarca de Vigo a comezos do século XXI. O seu nome débese ao río Miñor. A foz do río é de gran valor ecolóxico especialmente polas súas aves, que son permanentemente rexistradas por numerosos ornitólogos.[13]

Hoxe en día o termo Val Miñor é usado por distintas asociacións comúns aos tres concellos (ás veces dous) de carácter político, empresarial ou cultural, entre outros. Unha das institucións máis representativa é a asociación cultural Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).[11]

Poboación por parroquias [16][cando?]

[editar | editar a fonte]
Parroquia Concello Poboación
Baiona Baiona 4.788
San Pedro da Ramallosa Nigrán 4.712
Nigrán Nigrán 3.897
Panxón Nigrán 3.744
Gondomar Gondomar 3.588
Santa Cristina da Ramallosa Baiona 3.246
Priegue Nigrán 2.168
Vincios Gondomar 2.096
Baíña Baiona 1.749
Santa Baia das Donas Gondomar 1.458
Camos Nigrán 1.449
Mañufe Gondomar 1.364
Borreiros Gondomar 1.249
Belesar Baiona 1.204
Morgadáns Gondomar 1.199
Parada Nigrán 1.154
Baredo Baiona 1.085
Peitieiros Gondomar 918
Chaín Gondomar 889
Vilaza Gondomar 879
Chandebrito Nigrán 455
Couso Gondomar 416
[editar | editar a fonte]
  • Terra por terra, Barzademera[17]; millor por millor, val de Miñor.[18]
  1. 1 2 3 4 5 Navaza, Gonzalo (2016). "Miñor: o nome do río e do val" (PDF). Revista do Instituto dos Estudos Miñoráns (14-15): 15–22.
  2. Maure Rivas, Xulián (2025). "O Val de Miñor, moito mellor!". Revista de Estudos Miñoráns (24): 73–76. ISSN 2340-2644.
  3. IEM (2025-10-10). "A ruta do terror no Val de Miñor. (Mes da Memoria, 2025)". IEM. Consultado o 2026-08-17.
  4. "Manifesto Miñor organiza unha palestra sobre vivenda pública e outras alternativas á especulación". Manifesto Miñor. 2026-07-31. Consultado o 2026-08-17.
  5. "Miñor. Últimas novas Bloque Nacionalista Galego de Gondomar". Bloque Nacionalista Galego de Gondomar. Consultado o 2026-08-17.
  6. Redacción (2021-10-24). "“El Val de Miñor precisa un GES a la altura de las necesidades de la comarca”". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2026-08-17.
  7. "Val de Miñor". Biblioteca Pública Municipal de Nigrán. 2026-06-08. Consultado o 2026-08-17.
  8. Diciopedia do século 21 "Miñor, Val": Comarca vizosa do SO galego, cunha extensión de 150 km²...
  9. Enciclopedia Galega Universal "Val Miñor": Comarca natural das Rías Baixas situada ao S da provincia de Pontevedra e ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia...
  10. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada "VAL MIÑOR": Bisbarra natural localizada no cuadrante sudoccidental de Galicia, no contorno do tramo final de costa das Rías Baixas...
  11. 1 2 "Instituto de Estudos Miñoráns". Estatutos. Artigo 4. Ámbito territorial: O seu ámbito preferente de actividades será a Comarca do Val Miñor e Galicia...
  12. valminor.info[Ligazón morta] Portal do Val Miñor.
  13. 1 2 Blog Aves do Val Miñor.
  14. IEM (2023-09-13). "III CONCURSO FOTOGRÁFICO IEM. Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño.". IEM. Consultado o 2023-09-18.
  15. Álvarez Blázquez, Xavier (2020). "4 poemas no Val de Miñor". Revista do Instituto de Estudos Miñoráns.
  16. 1 2 "Instituto Galego de Estatística". Nomenclátor de Galicia.
  17. Barzademera, por Barcia de Mera.
  18. Álvarez de la Granja, María (2010). Trastes vellos, ao faiado. Análise dun subtipo de refráns sen verbo principal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baiona (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baredo (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Santa Baia das Donas (Santa Baia) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Nigrán

Camos (Santa Baia) | Chandebrito (San Xosé) | Nigrán (San Fiz) | Panxón (San Xoán) | Parada (Santiago) | Priegue (San Mamede) | San Pedro da Ramallosa (San Pedro)