49.275 (1897) censo 99.900 (1914) 112.700 (1916) 250.011 (1939) censo 546.878 (1959) censo 770.905 (1970) censo 969.289 (1979) 969.289 (1979) censo 1.023.000 (1982) 1.082.052 (1989) censo 1.097.000 (1991) 1.042.437 (2002) censo 1.062.319 (2010) censo 1.110.976 (2016) 1.115.560 (2017) 1.120.547 (2018) 1.128.787 (2020) 1.144.809 (2021) censo
Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baxkir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Baxkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de etnia rusa (36,1%), tártara (28,3%) e baxkir (17,1%).
Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a guerra civil rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolxevique. Uns anos despois, durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.
O descubrimento de petróleo en Baxkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.