Theropithecus gelada
| Theropithecus gelada | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
O Theropithecus gelada é unha especie de primate catarrino da familia dos cercopitécidos endémica das terras altas de Etiopía. Pesan entre 13 e 20 quilogramos, e do mesmo xeito que os babuínos, son terrestres e pasan o tempo alimentándose nas pradarías.
Algúns autores inclúen a especie dentro do xénero Papio, mais dende 1979 está clasificado noutro xénero separado, Theropithecus. Theropithecus gelada é a única especie vivente, aínda que se coñecen polo menos outras dúas liñaxes separados no rexistro fósil. Malia que a especie está restrinxida hoxe a Etiopía, coñécense fósiles do xénero procedentes de Suráfrica, Malawi, a República Democrática do Congo, Tanzania, Uganda, Kenya, Etiopía, Alxeria, Marrocos, España e a India.
Pode distinguirse dos babuínos pola pel de vivas cores no seu peito. A mancha está pouco definida e, nos machos, está tinguida de vermello e rodeada de pelo branco. Nas femias, a mancha está bastante menos pronunciada. Porén, cando vai calor, a mancha das femias tórnase brillante e salpicada de bochas. Este proceso é semellante á inchazón das nádegas durante o estro, algo común nos babuínos.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Describíronse as seguintes subespecies:[1][2]
- T. g. gelada (Rüppell, 1835)
- T. g. obscurus (Heuglin, 1863)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Theropithecus gelada (TSN 573034)" (en inglés).
