Softengine
| Softengine | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Softengine é unha banda de rock adolescente formada en Seinäjoki en Finlandia, que conseguiu representar a Finlandia no Festival de Eurovisión 2014[1] coa canción "Something Better"[2].
Carreira musical
[editar | editar a fonte]2011-2013: Formación e inicios
[editar | editar a fonte]A banda formouse na cidade finlandesa de Seinäjoki, no verán de 2011, na casa dos avós do cantante, compositor e guitarrista Topi Latukka. Chegaron ao seu cúmio no verán do 2013, despois de escribir multitude de cancións, practicando, dando concertos e tras o éxito recollido pola banda nalgunhas competicións.
2013-2014: Festival da Canción de Eurovisión
[editar | editar a fonte]O 10 de decembro de 2013, anunciouse que Softengine sería un dos participantes de Uuden Musiikin Kilpailu, a preselección finlandesa para Eurovisión. O 11 de xaneiro de 2014 presentaron a súa canción coa cal pretendían representar ao país titulada 'Something better', cousa que conseguiron o 1 de febreiro de 2014, impoñendose ao resto de competidores. Presentaron o vídeo

coa versión definitiva da canción o 21 de marzo de 2014[3].
Durante o sorteo das semifinais tocoulle actuar na segunda destas, na 8ª posición, acadando nesta a terceira posición cun total de 97 puntos e clasificándose así para a gran final do concurso o 10 de maio. Nesta última actuou na posición número 18, e quedou na clasificación final na posición número 11, cun total de 72 puntos. Actualmente están traballando no seu primeiro álbum.
Discografía
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Posición | Álbum |
|---|---|---|---|
| FIN | |||
| 2014 | "Something Better" | — | We Created the World |
| 2014 | "Yellow House" | — | We Created the World |
| 2014 | "The Sirens" | — | We Created the World |
| 2014 | "What If I?" | — | We Created the World |
| 2015 | "All About You & I" | — | From Earth, From Ashes, From Dust |
| 2015 | "Big Fat Bass Drums" | — | From Earth, From Ashes, From Dust |
| 2016 | "Grateful" | — | From Earth, From Ashes, From Dust |
| 2016 | "Grateful" | — | From Earth, From Ashes, From Dust |
| 2016 | "Free Rider" | — | Sinxelo sen álbum |
| 2016 | "She Is My Messiah" | — | Sinxelo sen álbum |
Álbums
[editar | editar a fonte]We Created the World
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.eurovision.tv/page/history/year/participant-profile/?song=31453
- ↑ https://itunes.apple.com/fi/album/something-better-single/id839085651
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=a-NSVFBKU-4