Saltar ao contido

Sean Connery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Sean Connery

(1983) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Sean Connery Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1930 Editar o valor en Wikidata
Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 2020 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Lyford Cay Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia respiratoria
Fibrilación auricular Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLyford Cay (en) Traducir
Marbella
Kranidi (en) Traducir
Domaine de Terre Blanche (en) Traducir
Edimburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTollcross Primary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,89 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónleiteiro (1944–1950), actor de dobraxe, actor de televisión, actor de cinema, futbolista, director de cinema, guionista, produtor de cinema, actor de teatro, actor de xénero, actor, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSt. Cuthbert's Co-operative Society (en) Traducir (1944–1950) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Escocés Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariñeiro preferente Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
Culturismo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMicheline Roquebrune (1975–2020), morte da persoa
Diane Cilento (1962–1973), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJason Connery
 () Diane Cilento Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Connery Editar o valor en Wikidata  e Euphemia McLean Editar o valor en Wikidata
IrmánsNeil Connery Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webseanconnery.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000125 Allocine: 1541 Rottentomatoes: celebrity/sean_connery Allmovie: p10646 139104 Metacritic: person/sean-connery TV.com: people/sean-connery IBDB: 23802
BNE: XX1059081 Apple Music: 63770 Last fm: Sean+Connery Musicbrainz: f33200c9-7d8c-4918-9a19-12ff974d4e51 Discogs: 548959 Allmusic: mn0001324530 WikiTree: Connery-17 Find a Grave: 217867318 Deezer: 4574155 Genius: Sean-connery Editar o valor en Wikidata

Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020,[1] foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.[2][3][4]

Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000). Connery retirouse da actuación no ano 2006. Entre os seus galardóns cóntanse un Óscar ó mellor actor secundario, dous premios BAFTA e tres Globos de Ouro (entre eles un premio Cecil B. DeMille e un premio Henrietta). Nos Estados Unidos, recibiu o premio á traxectoria Kennedy Center Honor en 1999. Connery foi nomeado cabaleiro no 2000 polos seus servizos ao cinema dramático.[5]

Connery foi considerado por unha enquisa de 2004 de The Sunday Herald como "O máis grande escocés vivo",[6] e en 2011, unha enquisa de Euromillóns considerouno o "O maior tesouro nacional vivo de Escocia".[7] Foi escollido pola revista People como o "home vivo máis sexy" en 1989 e o "home máis sexy do século" en 1999.[8]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacemento e mocidade

[editar | editar a fonte]
Placa de Sean Connery preto do sitio do seu nacemento de Fountainbridge, en Edimburgo.

Thomas Sean Connery, chamado Thomas polo seu avó, naceu en Edimburgo, no barrio industrial de Fountainbridge, o 25 de agosto de 1930. A súa nai, Euphemia "Effie" McBain McLean, era unha limpadora. Era filla de Neil McLean e Helen Forbes Ross, e foi chamada así pola súa avoa, Euphemia McBain, muller de John McLean e filla de William McBain de Ceres en Fife.[9][10][11] O pai de Connery, Joseph Connery, era un traballador nunha fábrica e un camioneiro.[12][13]

Os seus bisavós paternos emigraron a Escocia dende Irlanda a mediados do século XIX.[14] O resto da súa familia era de ascendencia escocesa, e os seus bisavós maternos eran falantes de lingua escocesa orixinarios de Fife (infrecuente para os falantes desa lingua), e Uig, en Skye.[15][16] O seu pai era católico e a súa nai era protestante. Tivo un irmán máis novo, Neil. Segundo el mesmo declarou, chámaselle polo seu segundo nome, Sean, desde moito antes de converterse en actor, debido a que tiña un amigo irlandés de nome Séamus e os que os coñecían a ambos decidiron chamalo así cando estaba con el, e quedoulle. Na súa mocidade era xeralmente chamado "Tommy".[17]

O seu primeiro traballo foi como repartidor de leite na Sociedade Cooperativa de St. Cuthbert. Posteriormente, alistouse na Mariña pero por breve tempo, pois como consecuencia dunhas úlceras axiña regresou á vida civil. Retornou brevemente á Cooperativa e pasou despois por varios empregos diferentes, entre eles condutor de camión, peón de granxa, modelo artístico no "Edinburgh College of Art" e salvavidas.

Baixo o nome de Thom Connery, acadou o terceiro posto na categoría de homes altos da edición de 1953 do concursos de Mr. Universo. Outro competidor, Johnny Isaacs, suxeriulle que se presentase para a produción musical de Ó sur do pacífico, o que lle permitiría traballar na escena, televisión e, eventualmente, no cine. Como levantador de pesos, o seu alias era "Big Tam".

Desde a súa mocidade foi simpatizante do SNP, o Partido Nacional Escocés, manifestándose en reiteradas ocasións partidario da independencia política de Escocia.[18]

A súa oportunidade chegaría en 1962, cando se buscaba a quen puidese interpretar a un axente do servizo secreto inglés baseado nas novelas de Ian Fleming, James Bond. Debido ás súas calidades, Connery foi o elixido como James Bond, axente 007 para a película o Dr. No onde actuou xunto a outra actriz emerxente, Ursula Andress.

Despois participou en varias películas da mesma saga entre 1962 e 1983,[19] cando xa cansado do personaxe e decidido a non encasillarse para sempre no rol de James Bond, cedeu o seu lugar a George Lazenby, quen só durou no papel unha película, dando lugar a Connery para que protagonizase Diamantes para a eternidade.

Logo desta película cedeu o lugar ao actor emerxente, Roger Moore. Aínda que o estigma de Bond seguiu ao longo do tempo a Connery, traballou arduamente para desencasillarse e interpretou variados papeis completamente diferentes con grande éxito, podendo xa a mediados dos noventa ser recoñecido como un actor moi versátil e distinto ao personaxe que lle deu fama.

O goberno británico concedeu a Connery o título nobiliario de Sir e todos os seus privilexios debido á consideración de que o personaxe que o interpretou capturou a esencia inglesa e proxectouna cara ó mundo.

En 2005 prestou a súa voz para ser James Bond no videoxogo desenvolvido por Electronic Arts, Desde Rusia con amor, baseado na película Bond que o protagonizou hai máis de catro décadas. En 2006 anunciou formalmente que se retira da actuación.

Sir Sean Connery foi nomeado cabaleiro pola a Raíña Isabel II do Reino Unido en xullo de 2000.

En 1993 chegaban noticias de que Connery era sometido a tratamento por radiación para unha doenza de gorxa sen revelar. Reportaxes xornalísticas espertaban sospeitas que o actor sufría de cancro, e falsamente foi declarado morto por axencias de noticias xaponesas e surafricanas. Connery inmediatamente apareceu no Show de David Letterman negando estas versións. Nunha entrevista de febreiro de 1995 co Entertainment Weekly, el especificou que o tratamento por radiación fora para quitar "nódulos" das súas cordas vocais. En 2003 opérase de cataratas en ambos os dous ollos. O 12 de marzo de 2006, sofre unha extirpación dun tumor benigno de ril nese mes.

Connery morreu mentres durmía o 31 de outubro de 2020, con 90 anos, no seu fogar en Nassau nas Bahamas.[2][3] A súa morte foi anunciada pola súa familia e Eon Productions ese mesmo día.[20] O seu fillo declarou que "levaba tempo sen sentirse ben".[20][21]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
1964
1988
Ano Título Papel Notas
1954Lilacs in the SpringDescoñecidoSen acreditar
1957No Road BackSpike
Hell DriversJohnny Kates
Action of the TigerMike
Time Lock2nd Welder
1958Another Time, Another PlaceMark Trevor
1959Darby O'Gill and the Little PeopleMichael McBride
Tarzan's Greatest AdventureO'Bannion
1961On the FiddlePedlar Pascoe
The Frightened CityPaddy Damion
1962The Longest DayPte. Flanagan
007 contra o doutor NoJames Bond
1963Desde Rusia con amor
1964James Bond contra Goldfinger
MarnieMark Rutland
Woman of StrawAnthony Richmond
1965The HillJoe Roberts
ThunderballJames Bond
1966Un monde nouveauEl mesmoCameo
A Fine MadnessSamson Shillitoe
1967Só se vive dúas vecesJames Bond
The Bowler and the BunnetEl mesmoDocumental; tamén director
1968ShalakoShalako
1969The Red TentRoald Amundsen
1970The Molly MaguiresJack Kehoe
1971The Anderson TapesDuke Anderson
Diamantes para a eternidadeJames Bond
1972España campo de golfEl mesmoCurtametraxe
A ofensaDetective Sarxento Johnson
1974ZardozZed
Asasinato no Orient ExpressCoronel Arbuthnot
RansomNils Tahlvik
1975The Dream FactoryEl mesmoDocumental
The Wind and the LionMulai Ahmed er Raisuni
O home que puido reinarDaniel Dravot
1976Robin and MarianRobin Hood
The Next ManKhalil Abdul-Muhsen
1977A Bridge Too FarXeneral Roy Urquhart
1979The First Great Train RobberyEdward Pierce
MeteorDr Paul Bradley
CubaRobert Dapes
1981Atmosfera ceroMarshal William T. O'Niel
Os heroes do tempoAgamenón
1982G'olé!NarradorDocumental
Five Days One SummerDouglas Meredith
Wrong Is RightPatrick Hale
1983Sean Connery's EdinburghEl mesmoCurtametraxe documental
007: Nunca digas endexamaisJames Bond
1984Sword of the ValiantCabaleiro Verde
1986HighlanderJuan Sánchez Villa-Lobos Ramírez
O nome da rosaWilliam of Baskerville
1987Os intocables de Eliot NessJim Malone
1988The PresidioTenente Coronel Alan Caldwell
Memories of MeEl mesmoCameo sen acreditar
1989Indiana Jones e a última cruzadaHenry Jones, Sr.
Family BusinessJessie McMullen
1990The Hunt for Red OctoberCapitán Marko Ramius
The Russia HouseBarley Blair
1991Os inmortais IIJuan Sánchez Villa-Lobos Ramírez
Robin Hood, príncipe dos ladrónsRicardo I de InglaterraCameo sen acreditar
1992Medicine ManDr. Robert Campbell
1993Rising SunCapitán John ConnorTamén produtor executivo
1994A Good Man in AfricaDr. Alex Murray
1995Just CausePaul ArmstrongTamén produtor executivo
First KnightRei Artur
1996DragonheartDracoVoz[22]
The RockJohn Patrick MasonTamén produtor executivo
1998The AvengersSir August de Wynter
Playing by HeartPaul
1999EntrapmentRobert MacDougalTamén produtor
2000Finding ForresterWilliam ForresterTamén produtor
2003The League of Extraordinary GentlemenAllan QuatermainTamén produtor executivo
2012Sir BilliSir BilliVoz
Tamén produtor executivo[23][22]
Ever to Excel Narrador Documental[24][25] Derradeiro filme

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
1956Dixon of Dock GreenJoe BrastedEpisodio: Ladies of the Manor
The CondemnedPerformerTelefilme
Sailor of FortuneAchmedEpisodio: The Crescent and the Star
1957The Jack Benny ProgramPorterEpisodio: Jack Hires Opera Singer in Rome
Blood MoneyHarlan McClintokTelefilme
BBC Sunday Night TheatreMountain McClintokEpisodio: Requiem for a Heavyweight
ITV Television PlayhouseMat BurkeEpisodio: Anna Christie
1958Women in LoveJohnnieTelefilme
Armchair TheatrePerformerEpisodio: The Boy with Meat Axe
1959The Magical World of DisneyMichael MacBrideEpisodio: I Captured the King of the Leprechauns
1959-60ITV Play of the WeekVarios papeis4 episodios
1960BBC Sunday Night TheatreJulienEpisodio: Colembe
An Age of KingsHarry Percy5 episodios
Without the GrailInnes CorrieTelefilme
MacbethMacbethTelefilme
1961Adventure StoryAlexanderTelefilme
Anna KareninaAlexis VronskyTelefilme
1969Male of the SpeciesMacNeilTelefilme
BBC Sunday Night TheatreMacNeilMacNeil
2003Freedom: A History of USJohn MuirEpisodio: Yearning to Breathe Free
Ano Título Papel Notas
1998ArtProdutorRoyale Theatre, Broadway

Videoxogos

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
2005James Bond 007: From Russia with LoveJames BondAparencia e voz de James Bond

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Premio Categoría Proxecto Resultado Referencia
1987Premios ÓscarÓscar ó mellor actor secundarioOs intocables de Eliot NessGañador[26]
1987Premios BAFTABAFTA ó mellor actorO nome da rosaGañador[27]
BAFTA ó mellor actor secundarioOs intocables de Eliot NessNomeado[28]
1989Indiana Jones e a última cruzadaNomeado[29]
1990BAFTA ó mellor actorThe Hunt for Red OctoberNomeado[30]
1998BAFTA FellowshipGañador[29]
1965Globos de OuroWorld Film Favorite (masculino) - Premio HenriettaNomeado
1968Nomeado
1971Gañador
1987Globo de Ouro ó mellor actor secundarioOs intocables de Eliot NessGañador
1989Indiana Jones e a última cruzadaNomeado
1995Premio Cecil B. DeMilleGañador

Honras

  • 1987: "Commandeur" das Artes e das Letras. Francia.
  • 1995: Globo de Ouro: premio Cecil B. DeMille, a toda a súa carreira.
  • 1997: homenaxe do "Lincoln Center" (EUA).
  • 1998: Academia Británica. Premio "Felowship" (compañeiro).
  • 1999: premio "Centro Kennedy" á súa carreira pola súa contribución á arte e a cultura. Presentado polo Presidente Clinton.
  • 2000: nomeado (Sir) pola raíña Isabel de Inglaterra.
  • 2001: Festival de cine de Palm Springs (USA): premio a toda a súa carreira.
  • 2005: Premio do Cinema Europeo a toda a súa carreira.
  • 2006: Premio AFI a toda a súa carreira
  1. EFE (31 de outubro de 2020). "Muere a los 90 años el actor Sean Connery". elprogreso.es/ (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2020.
  2. 1 2 Harmetz, Aljean (31 de outubro de 2020). The New York Times, ed. "Sean Connery, Who Embodied James Bond and More, Dies at 90". Consultado o 31 de outubro de 2020.
  3. 1 2 Shapiro, T. Rees (31 de outubro de 2020). The Washington Post, ed. "Sean Connery, first James Bond of film, dies at 90". Consultado o 31 de outubro de 2020.
  4. BBC News, ed. (12 de marzo de 2006). "Profile: Sean Connery". Consultado o 19 de marzo de 2007.
  5. "Sir Sean's pride at knighthood". BBC. Consultado o 15 de marzo de 2019.
  6. Flockhart, Susan (25 de xaneiro de 2004). "Would The Greatest Living Scot Please Stand Up?; Here they are". Sunday Herald. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2016 vía HighBeam Research.
  7. STV News, ed. (25 de novembro de 2011). "Sir Sean Connery named Scotland's greatest living treasure". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 6 de agosto de 2012.
  8. "Sexy Celebrity Pictures". CBS News. Consultado o 10 de outubro de 2018.
  9. 'Scottish Roots' Biography of Sean Connery Arquivado 09 de xullo de 2019 en Wayback Machine.
  10. Family Tree posted on Geneanet
  11. Familyrelatives.com Case Study 1 Arquivado 25 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. Sean Connery James Bond
  12. Advameg, Inc. (ed.). "Sean Connery Biography". Film Reference. Consultado o 29 de setembro de 2007.
  13. "Case Study 1 – Sean Connery – James Bond". Familyrelatives.com. Treequest Limited. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2012.
  14. Yule 1992, p. 1.
  15. Connery, Sean; Grigor, Murray (2009). Being a Scot. Phoenix Illustrated.
  16. "Scottish Genealogy Scottish Ancestry Family Tree Scottish Genealogists". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2013.
  17. Yule 1992, p. 8.
  18. Seenan, Gerard (27-04-1999). "Connery goes on the SNP offensive". theguardian.com (en inglés). Consultado o 02-12-2018.
  19. "Profile: Sir Sean Connery". bbc.co. 12-03-2006. Consultado o 02-12-2018.
  20. 1 2 BBC News, ed. (31 de outubro de 2020). "Sean Connery: James Bond actor dies aged 90" (en inglés). Consultado o 31 de outubro 2020.
  21. BBC News, ed. (31 de outubro de 2020). "Obituary: Sir Sean Connery" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2020.
  22. 1 2 "Sean Connery en Behind the Voice Actors". Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
  23. A. Fernandez, Jay (19 de marzo de 2012). "Sean Connery Animated Adventure 'Sir Billi' to Premiere at Sonoma Film Festival". The Hollywood Reporter. Consultado o 22 de abril de 2012.
  24. "Sean Connery tells the story of St Andrews". news.st-andrews.ac.uk (en inglés). 2012-05-12. Consultado o 2020-02-18.
  25. "Ever to Excel". Consultado o 2020-02-18.
  26. Cieply, Michael (12 de abril de 1988). "Last Emperor Reigns Over Oscar Ceremonies : Best Picture Winner Adds Eight Other Awards; Cher and Douglas Take Top Prizes for Acting". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2020.
  27. "1988 BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020. Erro na cita: Parámetro "bafta”" non válido na etiqueta <ref>. Os parámetros admitidos son: dir, follow, group, name.
  28. "1988 Film Actor in a Supporting Role | BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020.
  29. 1 2 "Film in 1990 | BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020.
  30. "BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]