STS-79
| STS-79 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-79. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 16 de setembro de 1996, 8:54 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 10,14 días[6] |
| Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6] |
| Regreso | 26 de setembro de 1996[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1996-057A |
STS-79 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 16 de setembro de 1996 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-79, con cinco astronautas (William F. Readdy, Terrence W. Wilcutt, Tom Akers, Jay Apt, Carl E. Walz e John E. Blaha) a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial Mir e transferir subministracións, intercambiar algúns membros da tripulación e facer experimentos.[3][5][6][7]
O transbordador levaba na súa bodega o módulo Spacehab, na súa segunda misión. A tripulación transferiu máis de 1814 kg de equipamento, subministracións e experimentos entre o Atlantis e a estación e 907 kg de mostras experimentais e equipamento da estación ao Atlantis.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 26 de setembro de 1996 deixando a Blaha na estación e traendo de volta a Shannon Lucid tras 188 días no espazo, un récord no seu momento para un astronauta estadounidense.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 79" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 79" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-79" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-79" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-79" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 18 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-79 |