STS-73
| STS-73 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-73. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 20 de outubro de 1995, 13:53 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
| Duración da misión | 15,91 días[6] |
| Obxectivo da misión | Experimentación no módulo laboratorio USML-2.[3][6] |
| Regreso | 5 de novembro de 1995[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1995-056A |
STS-73 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 20 de outubro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-73, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no módulo laboratorio USML-2. Os experimentos abranguían campos relacionados coa física de fluídos, ciencia de materiais, a bioloxía e o estudo da combustión. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Kent V. Rominger, a comandante de carga Kathryn C. Thornton, os especialistas de misión Catherine G. Coleman, Michael E. Lopez-Alegria e os especialistas de carga Fred W. Leslie e Albert Sacco.[3][5][6][7]
USML-2 proseguiu algúns dos experimentos levados a cabo no USML-1, durante a misión STS-50. A bordo levaba experimentos de física de fluídos, ciencia de materiais, cristais de proteína e ciencia da combustión.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 5 de novembro de 1995.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 73" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 31 January 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-80746T). 9 de febreiro de 1996: 14. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 73" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-73 - USML-2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-73" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (1 de abril de 2010). "STS-73" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-73 |