Saltar ao contido

STS-66

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-66
Lanzamento da misión STS-66.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento3 de novembro de 1994, 16:59 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,94 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos co laboratorio ATLAS-3.[3][6]
Regreso14 de novembro de 1994[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1994-073A

STS-66 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 3 de novembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-66, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións da atmosfera terrestre mediante os instrumentos dos laboratorios ATLAS-3 e CRISTA-SPAS e realizar experimentos biolóxicos e fisiolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Donald R. McMonagle, o piloto Curtis L. Brown, a comandante de carga Ellen Ochoa e os especialistas de misión Scott E. Parazynski, Joseph R. Tanner e Jean-François Clervoy.[3][5][6][7]

ATLAS-3 levaba dous instrumentos (SOLCON e SOLSPEC) para medir as emisións solares e a concentración de ozono atmosférico no rango de lonxitudes de onda da luz visible e ultravioleta. Tamén incluía os instrumentos ATMOS, SSBUV, ACRIM, SUSIM e MAS. CRISTA-SPAS era unha plataforma flotante que foi liberada do transbordador no segundo día de misión e se mantivo a entre 40 e 70 km por detrás do transbordador mentres facía as súas medicións da atmosfera. Foi recollida oito días despois.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 14 de novembro de 1994.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 66" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 27 de xullo de 1995: 2. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 66" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-66 - Atlas-3" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-66" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-66" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]