Saltar ao contido

STS-65

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-65
Lanzamento da misión STS-65.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de xullo de 1994, 16:43 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión14,75 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos no módulo IML-2.[3][6]
Regreso23 de xullo de 1994[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1994-039A

STS-65 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 8 de xullo de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-65, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo módulo laboratorio internacional IML-2. Os experimentos abranguían os campos da bioloxía, a física e aspectos tecnolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto James D. Halsell, o comandante de carga Richard J. Hieb, os especialistas de misión Carl E. Walz, Leroy Chiao e Donald A. Thomas e a especialista de carga Chiaki Naito-Mukai, a primeira muller xaponesa no espazo. Os experimentos a bordo do IML-2 foron unha colaboración internacional de científicos da Axencia Espacial Europea, o Canadá, Francia, Alemaña e o Xapón xunto cos Estados Unidos.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 23 de xullo de 1994.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 65" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 29 November 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-28819T). 15 de decembro de 1995: 5. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 65" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-65 - IML-2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-65" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-65" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]