Saltar ao contido

STS-59

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-59
Lanzamento da misión STS-59.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de abril de 1994, 11:05 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,24 días[6]
Obxectivo da misiónCartografiado mediante radar.[3][6]
Regreso20 de abril de 1994[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1994-020A

STS-59 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 9 de abril de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-59, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para cartografar a superficie terrestre mediante o paquete de instrumento Space Radar Laboratory 1 e facer estudos xeolóxicos, xeográficos, hidrolóxicos, oceanográficos, agronómicos e botánicos. Tamén medíu a cantidade de dióxido de carbono na troposfera a participou no experimento de radioafeccionados SAREX II. A tripulación estaba formada polo comandante Sidney M. Gutierrez, o piloto Kevin P. Chilton, a comandante de carga Linda M. Godwin e os especialistas de misión Jay Apt, Michael R. Clifford e Thomas D. Jones.[3][5][6][7]

Entre os instrumentos de a bordo atopábanse SIR-C, un radar en banda C e banda L; X-SAR, un radar en banda X construído por Alemaña e Italia; e MAPS, para o estudo global da contaminación. En total na misión estaban representados 13 países con 49 investigadores principais e máis de 100 científicos coordinados polo JPL.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 20 de abril de 1994.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 59" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 25 August 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-25918(E)). 7 de setembro de 1994: 6. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 59/SRL 1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-59 - SRL-1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-59" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-59" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]