Saltar ao contido

STS-57

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-57
Lanzamento da misión STS-57.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento21 de xuño de 1993, 13:07 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,99 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos no módulo Spacehab 1, recuperación do satélite EURECA.[3][6]
Regreso1 de xullo de 1993[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1993-037A

STS-57 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 21 de xuño de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-57, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos a bordo do módulo presurizado Spacehab 1 e recuperar o satélite EURECA, posto en órbita pola misión STS-46. A tripulación estaba formada polo comandante Ronald J. Grabe, o piloto Brian Duffy, o comandante de carga G. David Low e os especialistas de misión Nancy J. Sherlock, Peter J. Wisoff e Janice E. Voss.[3][5][6][7]

O módulo Spacehab 1 levaba a bordo seis experimentos sobre ciencia de materiais e seis experimentos sobre biotecnoloxía. Outros experimentos foron feitos a bordo do transbordador, incluíndo un experimento de reciclaxe de auga para para estacións espaciais. O 24 de xuño a tripulación capturou o satélite científico recuperable EURECA para devolvelo a terra, pero debido a que as súas antenas non se recolleron ao enviárselle instrucións para iso, os astronautas Low e Wisoff tiveron que facer unha actividade extravehicular para pregalas manualmente e poder recoller o satélite.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 1 de xullo de 1993.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 57" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 20 December 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-20399(E)). 24 de xaneiro de 1994: 2. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 57/SPACEHAB 1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-57" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-57" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-57" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]