STS-56
| STS-56 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-56. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 8 de abril de 1993, 5:29 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
| Duración da misión | 9,26 días[6] |
| Obxectivo da misión | Estudo da atmosfera terrestre e observacións astronómicas.[3][6] |
| Regreso | 17 de abril de 1993[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1993-023A |
STS-56 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 8 de abril de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-56, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións da atmosfera terrestre mediante o laboratorio ATLAS 2 e estudar o Sol mediante o observatorio Spartan-201, que foi liberado polo transbordador e logo recuperado. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth D. Cameron, o piloto Stephen S. Oswald e os especialistas de misión C. Michael Foale, Kenneth D. Cockrell e Ellen Ochoa.[3][5][6][7]
ATLAS 2 consistía nos mesmos instrumentos que voaron en ATLAS 1 nun voo anterior. Ademais o transbordador levaba a bordo dous experimentos educativos: SUVE, da Colorado Space Grant Corporation, un consorcio de universidades, e SAREX II. Tamén voaron nesta misión os experimentos STL-3 e PARE-03, así como HERCULES, RME-III, CREAM e AMOS. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 17 de abril de 1993.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 56" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 11 August 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-46671(E)). 25 de agosto de 1993: 5. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 56/Atlas 2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-56 - Atlas-2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-56" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- 1 2 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-56" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-56 |