Saltar ao contido

STS-40

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-40
Lanzamento da misión STS-40.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de xuño de 1991, 13:24 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,09 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos biolóxicos co módulo SLS-1.[3][6]
Regreso14 de xuño de 1991[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1991-040A

STS-40 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 15 de xuño de 1991 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-40, con sete astronautas a bordo (Bryan D. O'Connor, comandante, Sidney M. Gutierrez, piloto, os especialistas de misión James P. Bagian, Tamara E. Jernigan, Margaret R. Seddon e os especialistas de carga F. Drew Gaffney e Millie Hughes-Fulford), foi lanzada co módulo SLS-1 (Spacelab Life Sciences 1) adicado ás ciencias biolóxicas. Estudáronse desde aspectos fisiolóxicos dos efectos da microgravedade nos astronautas ata diversos aspectos biolóxicos en animais.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Base Edwards da Forza Aérea o 14 de xuño de 1991.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 40" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 4. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 40/SLS 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-40 - SLS 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-40" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-40" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]