Saltar ao contido

STS-38

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-38
Lanzamento da misión STS-38.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento15 de novembro de 1990, 23:48 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión4,91 días[6]
Obxectivo da misiónLanzamento dun satélite militar clasificado.[3][6]
Regreso20 de novembro de 1990[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1990-097A

STS-38 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 15 de novembro de 1990 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-38, con cinco astronautas a bordo (Richard Covey, Robert Springer, Carl Meade, Frank Culbertson e Charles Gemar), foi lanzada para poñer en órbita un satélite militar clasificado na sétima misión adicada ao Departamento de Defensa.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de novembro de 1990, a primeira aterraxe neste centro tras o accidente do transbordador espacial Challenger.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 38" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-01075). 7 de xaneiro de 1993: 4. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 38" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-38" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-38" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-38" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]