Saltar ao contido

STS-134

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-134
Lanzamento da misión STS-134
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de maio de 2011, 12:56 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,74 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso13 de marzo de 2011[6]
Sitio de regresoCabo Cañaveral
NSSDC ID2011-020A

STS-134 foi a última misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 16 de maio de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-134, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Kelly, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Michael Fincke, Greg Chamitoff, Andrew Feustel e Roberto Vittori.[3][5][6][7]

O Endeavour, na súa viaxe final, levou o Espectrómetro Magnético Alfa (Alpha Magnetic Spectrometer, AMS) á estación para o estudo da antimateria, así como subministracións e equipamento diverso, incluíndo antenas para comunicación en banda S, un tanque de gas de alta presión e partes de reposto para Dextre. Durante a misión se levaron a cabo catro paseos espaciais.[3][5][6][7]

O Endeavour volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 1 de xuño de 2011 ás 6:35 UTC.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 26 July 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-85737(E)). 20 de setembro de 2011: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-134 / ULF-6" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (9 de xuño de 2011). "STS-134" (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]