STS-126
| STS-126 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-126 | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 15 de novembro de 2008, 00:55 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 15,85 días[6] |
| Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
| Regreso | 28 de novembro de 2008[6] |
| NSSDC ID | 2008-059A |
STS-126 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 15 de novembro de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-126, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Christopher J. Ferguson, o piloto Eric A. Boe e os especialistas de misión Sandra H. Magnus, Stephen G. Bowen, [[Donald R. Pettit, Robert S. Kimbrough e Heidemarie M. Stefanyshyn-Piper..[3][5][6][6][7]
O Endeavour acoplouse ao módulo Harmony da estación ás 22:01 GMT do 16 de novembro levando a bordo o Módulo Loxístico Multipropósito (MPLM polas súas siglas en inglés) Leonardo cargado con subministracións, materiais e equipos para que a estación puidera soportar tripulacións permanentes de seis membros en lugar dos tres de ata o momento. A tripulación instalou un baño adicional e un procesador de urina para producir auga potable. Tamén fixeron catro paseos espaciais para reparar a xunta dun dos paneis solares.[3][5][6][6][7]
O transbordador volveu a terra na Base Edwards da Forza Aérea, en California, o 30 de novembro de 2008.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 126" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 9 September 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (09-86398(E)). 14 de setembro de 2009: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 126" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-126 / ULF-2" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.[Ligazón morta]
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Mark Wade (2011). "STS-126" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (19 de decembro de 2018). "STS-126" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-126 |