Saltar ao contido

STS-111

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-111
Lanzamento da misión STS-111
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de xuño de 2002, 21:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,86 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso19 de xuño de 2002[6]
NSSDC ID2002-028A

STS-111 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de xuño de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-111, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Cockrell, o piloto Paul Lockhart e os especialistas de misión Franklin Chang-Díaz e Philippe Perrin. Chang-Diaz igualou neste voo o récord de viaxar ao espazo sete veces, conseguido en primeiro lugar por Jerry L. Ross na misión STS-110.[3][5][6][7]

O transbordador acoplouse á estación ás 16:25 UTC do 7 de xuño e deixou aos astronautas da Expedición 5 na estación e trouxo de volta a terra á Expedición 4. Levou tamén subministracións no módulo Leonardo, que foi acoplado ao módulo Unity o 8 de xuño, e experimentos cara a estación, así como o MBS (Mobile Base System), o sistema que permite moverse ao brazo robótico Canadarm2 desprazarse ao longo da estación. Durante a misión a tripulación reparou un xiroscopio avariado e instalou proteccións antimeteoritos no módulo Zvezda.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra na Base Edwards da Forza Aérea en California, o 19 de xuño de 2002.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 111" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 5. Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 111" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-111 / ISS UF-2" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-111" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-111" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]