Saltar ao contido

Potes

Potes
 Nome oficial
    Potes (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.580 (2001) rexistro civil
1.590 (2002) rexistro civil
1.588 (2004) rexistro civil
1.584 (2005) rexistro civil
1.499 (2006) rexistro civil
1.500 (2007) rexistro civil
1.511 (2008) rexistro civil
1.533 (2009) rexistro civil
1.511 (2010) rexistro civil
1.481 (2011) rexistro civil
1.474 (2012) rexistro civil
1.452 (2013) rexistro civil
1.421 (2014) rexistro civil
1.413 (2015) rexistro civil
1.360 (2016) rexistro civil
1.342 (2017) rexistro civil
1.350 (2018) rexistro civil
1.343 (2019) rexistro civil
1.332 (2020) rexistro civil
1.322 (2021) rexistro civil
1.330 (2022) rexistro civil
1.336 (2023) rexistro civil
1.345 (2024) rexistro civil
1.323 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   693 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   650 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   7,64 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   291 m Editar o valor en Wikidata
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
IdentificadorRI-53-0000285
Códigos e identificadores
Código postal39570 Editar o valor en Wikidata
Código INE39055 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345404 Editar o valor en Wikidata
VIAF175979744 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jwxz93 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX459349
Wikidata C:Commons

Potes é un concello español da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado no centro da comarca de Liébana da cal é a capital. Este concello limita ao norte con Cillorigo de Liébana, ao oeste con Camaleño, ao sur con Vega de Liébana e ao leste con Cabezón de Liébana.

A vila de Potes está situada na confluencia de catro vales ademais de desembocar nela o río Quiviesa no río Deva nacido este último en altitudes dos Picos de Europa. Como o resto da comarca lebaniega, Potes goza dun microclima de tipo mediterráneo que permite o cultivo da vide, da nogueira, do chopo; e co primeiro deles elabórase o coñecido augardente da zona. Domina a localidade a montaña Arabedes (694 msnm), á que se pode ascender desde a vila.

Confluencia do río Quiviesa no río Deva.

Potes atópase situado nun lugar estratéxico: no punto onde conflúen os dous ríos de Liébana: o Deva e o seu afluente o Quiviesa. Non quedan neste municipio vestixios da Antigüidade, aínda que os historiadores supón que debeu estar poboado na prehistoria, por haber restos noutros lugares de Liébana; que os concanos puideron ser os habitantes en época prerromana; que os romanos deberon tender por esta localidade a calzada do «Burejo», que partía desde Pisoraca e cruzaba o Porto de Piedrasluengas.

Potes desde La Viorna.

Este lugar foi obxecto de repoboación en época de Afonso I de Asturias. A primeira mención é do ano 847, como Pautes. En 947 cítase á igrexa de San Vicente, que dependía do Mosteiro de Santo Toribio. Un conde gobernaba este territorio, recibindo privilexios reais en 1299 e 1305. No Becerro de Behetrías (1351) Potes aparece como propiedade de Tello de Castela, fillo de Afonso XI. Durante a Baixa Idade Media, como todo o val de Liébana, a localidade viuse implicada na confrontación entre os liñaxes de Manrique-Castañeda e Mendoza. Xoán II, en torno ao ano 1444, resolveu a cuestión a favor do Marqués de Santillana. Os Mendoza fixeron de Potes a capital de Liébana, e erixiron na vila unha gran torre, chamada Torre do Infantado (século XV). Desta mesma época son construcións destacadas como a próxima Torre de Orejón de la Lama e o ponte de San Cayetano. De 1468 son as primeiras ordenanzas de Potes.

Na Idade Moderna, Potes seguiu sendo un lugar de señorío. O Duque do Infantado nomeaba ao seu alcalde. Moitos aldeáns emigraron a América,[1] e as riquezas do novo continente permitiron a construción de notables edificios na vila. Deputados da provincia de Liébana formaron parte das Xuntas de Puente San Miguel que deron lugar á provincia de Cantabria. En 1822, Potes tivo concello propio, sendo cabeza dun partido xudicial que abarcaba Potes, Castro y Cillorigo, Cabezón de Liébana, Camaleño, Espinama, Pesaguero, Tresviso e Vega de Liébana.[2] Tres décadas despois, pasou a formar parte do partido xudicial de San Vicente de la Barquera.

Durante a guerra civil, Potes viuse afectada por un incendio provocado polo bando republicano que destruíu o seu centro histórico, reconstruído despois cos criterios de restauración do autoritarismo. A pesar diso, o seu casco antigo é Ben de Interese Cultural, con categoría de Conxunto Histórico, desde o ano 1983.

Demografía

[editar | editar a fonte]
A igrexa nova de San Vicente.
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002007
1.2411.3361.1391.2081.2391.4341.3641.2061.4441.4751.5731.500

Fonte: INE

Localidades

[editar | editar a fonte]

Economía

[editar | editar a fonte]
A praza Capitán Palacios.

O sector principal é o de servizos debido maioritariamente ao turismo que acode á comarca xa sexa pola natureza, cuxo máximo expoñente é o Parque nacional dos Picos de Europa, así como a gastronomía, con pratos como o cocido lebaniego ou os "quesucos" de Liébana.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Torre do Infantado.

Tres son os bens de interese cultural do municipio:

Administración

[editar | editar a fonte]
Ponte en Potes.

Francisco Javier Gómez Ruiz (PP) é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.[3]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 573 54,83 % 5
PSOE 234 22,39 % 2
PRC 226 21,63 % 2
  • Alcalde electo: Alfonso Gutiérrez Cuevas (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 531 54,63 % 5
PRC 230 23,66 % 2
PSOE 185 19,03 % 2
  • Alcalde electo: Alfonso Gutiérrez Cuevas (PP) (Falece o 17/10/2007, sucédelle Francisco Javier Gómez Ruiz (PP)).
O río Quiviesa ao seu paso pola localidade.

Entre as diversas festas da localidade destacan A Cruz ou a Festa do Bagazo, ambas as declaradas de Interese Turístico Rexional. A festa da Exaltación da Cruz celébrase o 14 de setembro. No monte Viorna e ao redor do mosteiro de Santo Toribio de Liébana venérase o Lignum Crucis.

  1. "González-Cotera Guerra, José María, Pasaxeiros a Indias de Liébana e os seus vales circundantes 1503 - 1790 segundo a documentación do Arquivo Xeral de Indias". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  2. Pascual Madoz, Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Madrid, 1845-1850. Edición facsímile por Ámbito Edicións, S.A. e Librería Estudo. Valladolid, 1984.
  3. Resultados electorais de Potes, en ElPaís

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]