Saltar ao contido

Piper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Piper
Piper
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdePiperales
 FamiliaPiperaceae
 XéneroPiper Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Piper Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/060xk Editar o valor en Wikidata
MeSHD031701 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777155639 Editar o valor en Wikidata
ITIS18301 Editar o valor en Wikidata
OTT283089 Editar o valor en Wikidata
CoL6QRC Editar o valor en Wikidata
EOL52541 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000029808 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Piper cubeba, Cubeb, Pementa de Cubeb.
Piper retrofractum

Piper é un xénero económica e ecoloxicamente de grande importancia da familia Piperaceae, cunhas 1.000 especies aceptadas, das máis de 3.770 descritas[1] entre arbustos, herbas, e rubideiras, das cales hai especies sobreabundantes no seu hábitat nativo, mentres outras son graves invasoras en áreas introducidas. O xénero ten especies interesantes para estudar historia natural, química de produtos naturais, ecoloxía de comunidades, bioloxía evolucionaria. Coñécense vulgarmente coma pementeiras. Dalgunhas especies tírase a pementa, coñecido condimento.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

As especies de Piper teñen unha distribución pantropical, e son moi comúns de terras baixas de selvas tropicais, mais aparecen a maiores altitudes; unha especie (P. kadsura do sur do Xapón e sur de Corea) é subtropical e tolera invernos liviáns con xeadas.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Piper empréganse coma organismo modelo en estudos en ecoloxía e bioloxía evolucionaria. A importancia ecolóxica e a súa diversificación xenérica faina candidata para ditos análises, e tamén se ten focalizado en investigación económica con importantes especies como P. nigrum (pementeira negra), Piper methysticum, e Piper betle).

Acháronse formigas mutualistas nalgunhas especies de Piper con forte influencia na súa bioloxía, polo que son sistemas ideais para estudar a evolución da simbiose e o efecto do mutualismo en comunidades bióticas.

As pementeiras adoitan dominar a flora do ecosistema onde se achan.

Especies máis comúns

[editar | editar a fonte]

Tamén están aceptados uns 50 táxones infra-específicos dos case 400 descritos.[1]

Artigo principal: w:en:List of pepper diseases.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dyer, L.A. and A.N. Palmer. 2004. Pimienta: un género modelo para estudios de evolución, ecología química, e interacciones tróficas'. Kluwer Academic Publishers, Boston. ISBN 0-306-48498-6

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]