PANSAT
| PANSAT / Petite Amateur Navy Satellite | |
|---|---|
PANSAT despregado desde o Discovery | |
| Tipo | Satélite artificial |
| Organización | USAF |
| Data de lanzamento | 29 de outubro de 1998[1][2][3] |
| Foguete portador | Transbordador espacial Discovery[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][4][5] |
| Obxectivo da misión | Tecnolóxico, educativo.[2][4][5] |
| NSSDC ID | 1998-064B |
| Masa | 70 kg[2][4] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 6833 km[1] |
| Inclinación | 28,4°[1] |
| Apoapse | 465,3 km[1] |
| Periapse | 459,6 km[1] |
PANSAT, acrónimo de Petite Amateur Navy Satellite, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 29 de outubro de 1998 mediante o transbordador espacial Discovery desde Cabo Cañaveral na misión STS-95.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]PANSAT foi un pequeno satélite deseñado e construído por estudantes e técnicos da Escola Naval de Posgraduados da Forza Aérea dos Estados Unidos. A súa finalidade foi proporcionar experiencia na construción de satélites aos estudantes e servir de satélite de comunicacións na modalidade de "gardar e enviar" usando a banda de afeccionados cunha frecuencia central nos 436,5 MHz. A taxa de envío de datos chegaba aos 9842 bps, cunha capacidade de almacenamento a bordo de 9 MB. O satélite podía ser usado tamén por estación terrestres de afeccionados mediante unha interface BBS.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "PAN SAT" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (28 de outubro de 2022). "PANSAT" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ "Note verbale dated 3 March 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-82696 (E)). 30 de marzo de 1999: 10. Consultado o 5 de setembro de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "PANSAT (S97-D, PO 34, PANSAT-OSCAR 34)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2023.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2023). "PANSAT" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2023.