Saltar ao contido

Nitrobacter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nitrobacter
Nitrobacter
Sergei Winogradsky 1892 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPseudomonadati
 FiloPseudomonadota
 ClaseAlphaproteobacteria
 OrdeHyphomicrobiales
 FamiliaNitrobacteraceae
 XéneroNitrobacter Editar o valor en Wikidata
Winogr., 1892 Nitrobacter Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/09pq1_ Editar o valor en Wikidata
MeSHD009576 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776063528 Editar o valor en Wikidata
ITIS57 Editar o valor en Wikidata
CoL64H5 Editar o valor en Wikidata
EOL97744 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Nitrobacter é un xénero de bacterias de forma principalmente bacilar, gramnegativas, e quimioautótrofas.[1]

Nitrobacter xoga un importante papel no ciclo do nitróxeno ao oxidar nitritos a nitratos no solo. A diferenza das plantas, nas que a transferencia de electróns na fotosíntese proporciona enerxía para a fixación do carbono, Nitrobacter usa a enerxía da oxidación de ións nitrito, NO
2
, en ións nitrato, NO
3
, para satisfacer as súas necesidades de enerxía. Nitrobacter fixa o dióxido de carbono pola vía do ciclo de Calvin para obter os seus requirimentos de carbono.[1]

Nitrobacter ten un pH óptimo entre 7,3 e 7,5, e morre a temperaturas superiores a 49 °C ou inferiores a 0 °C.[1]

Algunhas fontes clasifican o xénero Nitrobacter dentro da familia Nitrobacteraceae (en vez da Bradyrhizobiaceae). As espacies do xénero Nitrobacter inclúen Nitrobacter winogradskyi, Nitrobacter hamburgensis, Nitrobacter vulgaris e Nitrobacter alkalicus.[2] De acordo con Grundmann, Nitrobacter parece crecer optimamente a 38 °C e a pH 7,9, pero Holt afirma que o seu crecemento óptimo dáse a 28 °C e a pHs entre 5,8 e 8,5 e ten un pH óptimo entre 7,6 e 7,8.[2][3] Nitrobacter pertence á subclase das α-Proteobacteria.[3][4]

Nitrobacter pode ter forma de bacilo, de pera ou pleomórfica. As células reprodúcense normalmente por xemación (Holt, 1993). Nas células que crecen litotroficamente ou mixotroficamente atópanse carboxisomas, que son orgánulos que axudan á fixación do carbono. Tamén teñen gránulos para o almacenamento de PHB e polifosfatos. Cando están presentes á vez nitritos e substancias orgánicas, as células poden ter un crecemento bifásico, no que usan primeiro o nitrito, e despois hai unha fase de retardo, e despois oxídase a materia orgánica. O crecemento quimioorganótrofo é lento e desequilibrado, polo que se forman máis gránulos de poli-β-hidroxibutirato (PHB), que distorsionan a forma e tamaño das células.

Nitrobacter xoga un papel esencial na acuapónica. A bacteria Nitrosomonas actúa primeiro convertendo o amoníaco en nitritos, e despois Nitrobacter converte os nitritos en nitratos, que son doadamente absorbibles polas plantas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]