Saltar ao contido

NOS1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NOS1
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosNOS1 (HGNC: 7872) IHPS1, N-NOS, NC-NOS, NOS, bNOS, nNOS, óxido nítrico sintase 1
Identificadores
externos
LocusCr. 12 q24.22
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
4842 18125
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P29475 Q9Z0J4
RefSeq
(ARNm)
NM_000620 NM_008712
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000611 NP_032738
Localización (UCSC)
Cr. 12:
117.21 – 117.45 Mb
Cr. 5:
117.92 – 118.1 Mb
PubMed (Busca)
4842


18125

A óxido nítrico sintase 1 (neuronal), tamén chamada NOS1, é un encima que nos humanos está codificado no xene NOS1 do cromosoma 12.[1][2]

As óxido nitrico sintases (EC 1.14.13.39) (NOS) son unha familia de sintases que catalizan a produción de óxido nítrico (NO) a partir de L-arxinina. O NO é un mensaxeiro químico con diversas funcións no corpo dependendo da súa fonte encimática e localización nos tecidos. No cerebro e sistema nervioso periférico, onde NOS1 está presente en gran cantidade, o NO mostra moitas propiedades de neurotransmisor e pode estar implicado na potenciación a longo prazo. Está implicada na neurotoxicidade asociada a accidentes cerebrovasculares e doenzas neurodexenerativas, regulación neural do músculo liso, incluíndo a peristalse e a relaxación dos esfínteres, e erección do pene. O NO é tamén responsable da actividade do factor relaxante derivado do endotelio que regula a presión arterial ao producilo o encima relacionado NOS3. En macrófagos, o NO funciona como mediador das accións tumoricidas e bactericidas ao producilo o seu encima relacionado NOS2. Varios inhibidores farmacolóxicos das NO sintases (NOS) bloquean estes efectos, e descubriuse unha maior distinción das súas funcións en modelos animais nos cales se inactivaron estes xenes específicos. Distintas isoformas son o NOS neuronal (NOS1), o NOS endotelial (NOS3), e o NOS inducible NOS de macrófago.[3] Tanto as formas neuronal coma a de macrófagos son pouco comúns entre os encimas oxidativos porque necesitan varios doantes de electróns: flavín adenín dinucleótido (FAD), mononucleótido de flavina (FMN), NADPH e tetrahidrobiopterina.[4]

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

Esta proteína foi implicada na asma,[5][6] esquizofrenia,[7][8] síndrome das pernas inquietas[9] e neurotoxicidade psicoestimulante. Foi tamén investigada con respecto á disorde bipolar[10] e exposición á contaminación do aire.[11]

Interaccións

[editar | editar a fonte]

NOS1 interacción con DLG4[12][13] e NOS1AP.[12]

  1. Kishimoto J, Spurr N, Liao M, Lizhi L, Emson P, Xu W (novembro de 1992). "Localization of brain nitric oxide synthase (NOS) to human chromosome 12". Genomics 14 (3): 802–4. PMID 1385308. doi:10.1016/S0888-7543(05)80192-2.
  2. Geller DA, Lowenstein CJ, Shapiro RA, Nussler AK, Di Silvio M, Wang SC, Nakayama DK, Simmons RL, Snyder SH, Billiar TR (abril de 1993). "Molecular cloning and expression of inducible nitric oxide synthase from human hepatocytes". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 90 (8): 3491–5. Bibcode:1993PNAS...90.3491G. PMC 46326. PMID 7682706. doi:10.1073/pnas.90.8.3491.
  3. Lowenstein CJ, Glatt CS, Bredt DS, Snyder SH (agosto de 1992). "Cloned and expressed macrophage nitric oxide synthase contrasts with the brain enzyme". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 89 (15): 6711–5. Bibcode:1992PNAS...89.6711L. PMC 49573. PMID 1379716. doi:10.1073/pnas.89.15.6711.
  4. "Entrez Gene: NOS1 Nitric oxide synthase 1 (neuronal)".
  5. Grasemann H, Yandava CN, Drazen JM (decembro de 1999). "Neuronal NO synthase (NOS1) is a major candidate gene for asthma". Clin. Exp. Allergy. 29 29 (Suppl 4): 39–41. PMID 10641565. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-05.
  6. Leung TF, Liu EK, Tang NL, Ko FW, Li CY, Lam CW, Wong GW (outubro de 2005). "Nitric oxide synthase polymorphisms and asthma phenotypes in Chinese children". Clin. Exp. Allergy 35 (10): 1288–94. PMID 16238787. doi:10.1111/j.1365-2222.2005.02342.x.
  7. Shinkai T, Ohmori O, Hori H, Nakamura J (2002). "Allelic association of the neuronal nitric oxide synthase (NOS1) gene with schizophrenia". Mol. Psychiatry 7 (6): 560–3. PMID 12140778. doi:10.1038/sj.mp.4001041.
  8. Reif A, Herterich S, Strobel A, Ehlis AC, Saur D, Jacob CP, Wienker T, Töpner T, Fritzen S, Walter U, Schmitt A, Fallgatter AJ, Lesch KP (marzo de 2006). "A neuronal nitric oxide synthase (NOS-I) haplotype associated with schizophrenia modifies prefrontal cortex function". Mol. Psychiatry 11 (3): 286–300. PMID 16389274. doi:10.1038/sj.mp.4001779.
  9. Winkelmann J, Lichtner P, Schormair B, Uhr M, Hauk S, Stiasny-Kolster K, Trenkwalder C, Paulus W, Peglau I, Eisensehr I, Illig T, Wichmann HE, Pfister H, Golic J, Bettecken T, Pütz B, Holsboer F, Meitinger T, Müller-Myhsok B (febreiro de 2008). "Variants in the neuronal nitric oxide synthase (nNOS, NOS1) gene are associated with restless legs syndrome". Mov. Disord. 23 (3): 350–8. PMID 18058820. doi:10.1002/mds.21647.
  10. Buttenschön HN, Mors O, Ewald H, McQuillin A, Kalsi G, Lawrence J, Gurling H, Kruse TA (xaneiro de 2004). "No association between a neuronal nitric oxide synthase (NOS1) gene polymorphism on chromosome 12q24 and bipolar disorder". Am. J. Med. Genet. B Neuropsychiatr. Genet. 124B (1): 73–5. PMID 14681919. doi:10.1002/ajmg.b.20040.
  11. Steenackers W, De Herdt E, De Boever P, Bos I, Int Panis L (2013). "Neuroinflammation induced by air pollution: gene expression analysis in laboratory animals". Master Thesis, GROUP T – Leuven Engineering College.
  12. 1 2 Jaffrey SR, Snowman AM, Eliasson MJ, Cohen NA, Snyder SH (xaneiro de 1998). "CAPON: a protein associated with neuronal nitric oxide synthase that regulates its interactions with PSD95". Neuron 20 (1): 115–24. PMID 9459447. doi:10.1016/S0896-6273(00)80439-0.
  13. Brenman JE, Chao DS, Gee SH, McGee AW, Craven SE, Santillano DR, Wu Z, Huang F, Xia H, Peters MF, Froehner SC, Bredt DS (marzo de 1996). "Interaction of nitric oxide synthase with the postsynaptic density protein PSD-95 and alpha1-syntrophin mediated by PDZ domains". Cell 84 (5): 757–67. PMID 8625413. doi:10.1016/S0092-8674(00)81053-3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora textos da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos, que están en dominio público.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.