512100000000 $ (2024) 411976000000 $ (30 de xuño de 2023) 364840000000 $ (30 de xuño de 2022) 333779000000 $ (30 de xuño de 2021) 301311000000 $ (30 de xuño de 2020) 286556000000 $ (30 de xuño de 2019) 258848000000 $ (30 de xuño de 2018) 250312000000 $ (30 de xuño de 2017) 193694000000 $ (30 de xuño de 2016) 176223000000 $ (30 de xuño de 2015)
Foi fundada inicialmente para desenvolver e vender intérpretes de BASIC para o Altair 8800. A mediados dos anos 80 conseguiu dominar o mercado de ordenadores persoais co sistema operativo MS-DOS. A compañía iniciou unha oferta pública de venda no mercado de valores en 1986, a cal, debido á subida de cotización das accións, levou a catro empregados a converterse en milmillonarios e a 12.000 en millonarios.
Durante a súa historia, foi obxecto de críticas por parte da Comisión Europea e do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos, que a acusaron de realizar prácticas monopolísticas.
Microsoft afianzou a súa posición noutros mercados como o dos sistemas operativos e suites de oficina, con recursos como a rede de televisión por cable MSNBC, o portal de InternetMSN, ou a enciclopediamultimediaMicrosoft Encarta. A compañía tamén comercializa hardware, como o rato de Microsoft e produtos de entretemento caseiro como Xbox, Xbox 360, Zune ou MSN TV (antes WebTV). Microsoft deu soporte aos seus usuarios a través de Usenet en grupos de noticias e en Internet; tamén premia coa categoría de Microsoft MVP (Most Valuable Professional) a aqueles voluntarios que demostran ser útiles na asistencia á clientela.
A súa web oficial é unha das páxinas máis visitadas da rede. Segundo Alexa, en maio de 2008 recibía máis de 2,4 millóns de visitas únicas, co que se situaba como a 14ª web con máis visitas do mundo.