Saltar ao contido

Marrakech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marrakech
 Nome orixinal
Mrrakc (shi)  
مراكش (ar)  
ⵎⵕⵕⴰⴽⵛ (tzm)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   مراكش (ar)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Fatima Ezzahra El Mansouri (en) Traducir (2021 - valor descoñecido)
Fatima Ezzahra El Mansouri (en) Traducir (2009 - 2015)
Mohamed Larbi Belcaid (en) Traducir (2015 - 2021)
Omar Jazouli (en) Traducir (2003 - 2009) Editar o valor en Wikidata
 Fundador/a
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1065 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.002.697 (2024)
928.850 (2014)
966.987 (2020)
823.124 (2004) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   268.925 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   230 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
465 m
468 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal40000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2799538 Editar o valor en Wikidata
VIAF138361991 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000106650264 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/054rw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX453786
Wikidata G:Commons C:Commons

Marrakech[1] ou Marraquex[2][3] (Murakush en tamazight; مراكش , Marrākuš ou Marrākiš, en lingua árabe), é unha cidade de Marrocos coñecida co alcume da Cidade Vermella e que foi capital de diversas dinastías islámicas, o que lle valeu o recoñecemento de Cidade Imperial de Marrocos, distinción que tamén posúen Meknes, Fez e Rabat. Segundo datos do ano 2004 ten 1 070 838 habitantes distribuídos nunha área de 6'2 quilómetros cadrados.

A cidade vella, coñecida como Medina de Marrakech, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1985.

Foi fundada no 1062 polo xefe almorábide Abu Becre, converténdoa na capital do seu Estado, e a quen sucedeu nos labores de construción Youssef Ibn Tachfin. No ano 1147 os almohades conquistaron a cidade tras un longo asedio, destruíndoa para a reconstruír despois. Foi precisamente baixo o liderado do terceiro sultán almohade, Yaqub Al-Mansur, cando a cidade coñeceu o seu período de esplendor, iniciándose a construción da mesquita de Kutubia.

Mais no 1276, unha tribo do deserto, os merínidas, derrocaron ao derradeiro sultán almohade, privando a Marrakech do rango de capital durante tres séculos, concretamente ata o 1549, ano no que os sauditas derrotaron aos merínidas e converteron á cidade na súa nova capital. Sucedeu logo outro período de enriquecemento da urbe, coa construción de palacios coma o de Badi.

No século XVII desatouse unha guerra civil, que deu coma resultado a caída da dinastía saudita e a súa substitución pola actual dinastía alauíta, co conseguinte traslado da sede da capital. Porén, os alauítas non se esqueceron dela, e un monarca da dinastía, o sultán Moulay Ismail, creou o festival dos sete santos, trasladando as tumbas de sete persoeiros de renome a Marrakech, co obxectivo de atraer peregrinos cara a ela.

Diversos conflitos internos foron debilitando o poder dos sultáns, ata que no 1912 a cidade foi incorporada ao estado francés como parte integrante do Protectorado marroquí. Porén, axiña estouparon revoltas contra o dominio colonial dos franceses, sendo Marrakech un punto especialmente virulento, polo que estes víronse na obriga de pactar co líder dun dos grupos rebeldes, Thami El Glaoui, señor do Atlas, nomeándoo Paxá de Marrakech.

Non obstante, as arelas de independencia non deixaron de medrar, constituíndose politicamente no nacionalista Partido da Independencia, reprimido por Francia coa axuda de Thami El Glaoui. Mais o falecemento deste e a guerra que Francia sostiña en Alxeria permitiron a Marrocos acadar a súa independencia no 1956, co que Marrakech pasou a ser unha cidade do Estado independente de Marrocos, conservando a capitalidade Rabat.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Praza de Jamaa El Fna.
  • Medina de Marrakech. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade vella é un labirinto de rúas, palacios, mesquitas e mercados. Nela salientan a praza de Jamaa El Fna, no centro, a mesquita de Ben Youseff e o Museo de Marrakech, no norte, e o Palacio Real, erguido sobre as ruínas de palacios almohades precedentes, e o palacio Badi, no sur.
  • Mesquita de Kutubia. Situada no interior da Medina, foi construída no século XII. É famosa polo seu minarete de base cadrada que cos seus 77 metros de altura é a construción máis alta da cidade.
  • Palacio de Badi. Erguido no século XVI polo sultán Ahmed El Mansour, coas paredes e teitos recubertos de ouro e mármore, só durou cen anos en pé, cando Moulay Ismail o saqueou e levou as súas riquezas a Meknés. Hoxe en día pódese camiñar polas súas ruínas, configuradas por un patio principal que constitúe un inmenso espazo baleiro delimitado por bastións perforados. Conserva o que fora o gran estanque central e diversos mosaicos e estatuas espalladas
  • Tumbas Saadíes. As tumbas sagradas dos sultáns están xunto ao muro meridional da mesquita de Kasbah, na Medina ao carón do Palacio Real. A súa existencia foi un segredo celosamente agochado polos cidadáns de Marrakech aos occidentais, ata que nos anos 20 foron descubertas por militares franceses. Os seus accesos son revirados, sendo as máis monumentais as edificadas durante o reinado de Ahmed El Mansour.
  1. Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, 2012
  2. Lingua galega: dúbidas lingüísticas, ANL da Universidade de Vigo, 2004.
  3. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]