Mar Morto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
| Tipo | lago endorreico Lago hipersalino | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Jordan Rift Valley (en) Jordan-Palestine border (en) Fronteira Israel-Jordânia (pt) West Bank–Israel border (en) | ||||
| Localización | |||||
| País da cunca | Israel, Xordania e Estado de Palestina | ||||
| División administrativa | Israel, Xordania e Estado de Palestina | ||||
| |||||
| Composto por | |||||
| Características | |||||
| Altitude | −440,74 m | ||||
| Profundidade | 360 m | ||||
| Dimensións | 18 ( | ||||
| Perímetro | 135 km | ||||
| Superficie | 605 km² 1.050 km² | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 41.650 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Salinidade | 33,7 % | ||||
| Volume físico | 148.000 hm³ | ||||
O Mar Morto, en hebreo ים המלח, árabe البحر الميت, é un lago de auga salgada do Oriente Medio.
Características
[editar | editar a fonte]
Cunha superficie de aproximadamente 1.050 km², é alimentado polo río Xordán e baña a Xordania, Israel e a Cisxordania. En 50 anos, o Mar Morto perdeu un terzo da súa superficie, en gran parte por causa da explotación excesiva do seu afluente, única fonte de auga doce da rexión.
O Mar Morto ten ese nome debido ao feito de que a cantidade de sal das súas augas, que é dez veces maior que a dos océanos, impide calquera forma de vida. A "auga" é un cóctel de sales moi diferente do sal dun océano normal. Os peixes traídos polo río Xordán, ao caeren no mar, morren instantaneamente. Apenas algunhas bacterias e plantas que fican nas marxes conseguen sobrevivir alí. A título de comparación, nos océanos, o número de gramos de sal por cen mililitros de auga non pasa de tres, mentres que no Mar Morto esa taxa é de 30 a 35 gramos de sal por 100 ml de auga.
O Mar Morto é o punto máis baixo do globo: 417 metros baixo o nivel do mar.
