Saltar ao contido

Lingua scots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua scots
Scots leid Editar o valor en Wikidata
LL-Q5885%20%28tam%29-Sriveenkat-%E0%AE%9A%E0%AF%81%E0%AE%95%E0%AE%BE%E0%AE%A4%E0%AF%8D%E0%AE%A4%E0%AF%81%20%E0%AE%AE%E0%AF%8A%E0%AE%B4%E0%AE%BF.wav pronuncia
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Scots leid (sco)
Scots (sco) Editar o valor en Wikidata
 Historia
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
99200 (2011)
90000 (1999)
1500000 Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Usa maiúsculas para
 Estado de lingua da UNESCO
vulnerábel
Clasificación lingüística
Localización
 País
Cronoloxía
 Substitúe
Identificadores
Freebase/m/0h407 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2sco Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3sco Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5sco Editar o valor en Wikidata
IETFsco Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779307921 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A lingua scots (en scots: Scots leid ou Scots) é unha lingua xermánica historicamente falada nas Terras Baixas escocesas (Lowlands) e en partes do Ulster. É ás veces chamado lallans (termo procedente de Lowlands) para diferencialo do gaélico escocés, lingua de orixe céltica falada principalmente nas Terras Altas (Highlands) occidentais e nas Hébridas. O scots está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]

Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do inglés medio de Northumbria. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas escolas nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en scots é Robert Burns, que empregou esta lingua tanto coma o inglés nos seus poemas.

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

Os falantes nativos ás veces refírense á lingua como braid Scots[2] ou usan o dos diferentes dialectos como Doric, Teri ou o Buchan Claik. O termo Lallans, unha variante do scots moderno lawlands, é tamén utilizado. O scots en Irlanda é coñecido en círculos oficiais como "scots do Ulster" ou "Ullans", un recente neoloxismo que combina "Ulster" e "Lallans".

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome vernáculo da lingua, Scots, é unha contracción de Scottis, scots antigo,[3] e da forma meridional do inglés antigo tardío Scottisc (en inglés moderno: Scottish), que substituíu a temperán forma i-mutada Scyttisc. Antes do século XV a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita Ynglis ou Inglis daquelas), así o termo "Scottish" (escrito Scottis) referíase ao gaélico.

A comezos do século XV,[4][5] o inglés de Escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da Bretaña. Dende o ano 1495 a verba Scottis foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das Terras Baixas escocesas e Erse, irlandés, para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do século XV William Dunbar usaba Erse para referirse ao gaélico e a comezos do século XVI Gavin Douglas usou o nome Scottis como nome para a lingua xermánica. Hoxe a lingua celta de Escocia é chamada habitualmente gaélico escocés.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Recoñécese que o scots ten habitualmente cinco dialectos:

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "SND:Scots". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  3. "SND: Scots". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  4. Companion to the Oxford English Dictionary, Tom McArthur, Oxford University Press, 1994
  5. The Stewart Kingdom of Scotland 1371 - 1603, Caroline Bingham, 1974

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.