Lingua normanda
| Lingua normanda | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Normaund | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O normando[1] é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península do Cotentín e o Pays de Caux. O normando está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Dialectos
[editar | editar a fonte]Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó galó, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito consérvanse relativamente ben o cotentinois na península de Cotentín e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto. Dialectos das Illas Anglonormandas:
- Jèrriais, dialecto da illa de Jersey
- Sercquiais, dialecto da illa de Sark, derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey
- Dgèrnésiais, dialecto da illa de Guernsey
- Auregnais, dialecto da illa de Alderney, agora extinto.
Influencia no inglés
[editar | editar a fonte]Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés:
| Inglés | Normando | Francés |
|---|---|---|
| fashion | < faichon/féchon | = façon |
| cabbage | < caboche | = chou (cf. caboche) |
| castle | < câtel (antigo: castel) | = château, castelet |
| cauldron | < caudron | = chaudron |
| causeway | < cauchie | = chaussée |
| catch | < cachi | = chasser |
| cater | < acater | = acheter |
| mug | < mogue/moque | = tasse, boc |
| wicket | < viquet | = guichet (cf. piquet) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para normando.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua normanda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Essai de grammaire de la langue normande, UPN, 1995. ISBN 2-9509074-0-7.
- V'n-ous d'aveu mei? UPN, 1984.
- La Normandie dialectale, 1999, ISBN 2-84133-076-1
- Alain Marie, Les auteurs patoisants du Calvados, 2005. ISBN 2-84706-178-9.
- Roger Jean Lebarbenchon, Les Falaises de la Hague, 1991. ISBN 2-9505884-0-9.
- Jean-Louis Vaneille, Les patoisants bas-normands, n.d., Saint-Lô.
- André Dupont, Dictionnaire des patoisants du Cotentin, Société d'archéologie de la Manche, Saint-Lô, 1992.
- Geraint Jennings e Yan Marquis, "The Toad and the Donkey: an anthology of Norman literature from the Channel Islands", 2011, ISBN 978-1-903427-61-3

