Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua maithili (मैथिली) é unha lingua indoaria falada na rexión de Mithila, que se atopa no norte de Bihar, na India, e nalgúns distritos do Nepal. É unha das meirandes linguas da India en número de falantes, e é a segunda maior lingua do Nepal. Historicamente, escribiuse na variante maithili de kaithi, unha escrita empregada para transcribir outras linguas veciñas como o bhojpuri, o magahi e o awadhi.[1]