Lingua lak
| Lingua lak | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| лакку | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A lingua lak (лакку маз, lakːu maz) é unha lingua caucásica nororiental que forma a súa propia póla dentro desta familia lingüística. É a lingua do pobo lak, que habita na república autónoma de Daguestán, en Rusia, onde é unha das seis linguas estandarizadas que se falan. Segundo o censo de 2010, é falado por máis 150 000 persoas. O lak está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]
Abrangue cinco dialectos: ashti kuli, balkhar, vitskh, vikhli e kumukh, que forma a base da lingua literaria lak. Dende finais do século XIX, escribiuse en caracteres árabes; o alfabeto latino foi empregado entre o 1928 e o 1938, e dende entón, en alfabeto cirílico. Antes de que o lak se convertese en lingua escrita, empregaban o árabe. Hoxe é unha das 9 linguas oficiais de Daguestán, malia que non se empregue no ensino (só se ensinou entre 1920 e 1960, dende entón só se ensina en ruso). Tamén ten un xornal Ilchy (Luz) e Tslubarz (Lúa nova, 1952) que xa non se edita, e unha estación de radio.
O lak foi empregada como lingua literaria por autores como Garun Saidov (1891-1919), xefe da Oficina de Axitación ou Educación Bolxevique en Daguestán, e o primeiro autor dramático en lak, Jussup Khappalajev (1916) con Estrelas de felicidade (1950), Mugutin Sharinov (1893-1937) con Shagalai e Gabibat i Gadzhijev (1919), Said Gabiev, Abutalif Gafurov e Abdurahman Omarov.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua lak |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gramática lak por Wolfgang Schulze Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
- Transliteración do lak
- Lak House – Cultura e sociedade lak
- Palabras lak
