Lingua bugi
| Lingua bugi | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ᨅᨔ ᨕᨚᨁᨗ | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O bugi[1] é unha lingua malaio-polinesia falada por máis de 5 millóns de persoas na parte sur de Célebes, en Indonesia. Non se conservan escritos antigos, só transcricións a partir da Idade Moderna no alfabeto lontara. No presente, adoita escribirse no alfabeto latino, por mor do alto grao de aculturación dos seus falantes.
O bugi é unha lingua que ten un sistema de aliñamento de split. Iso quere dicir que, nalgúns tipos de oracións, emprega un sistema ergativo/absolutivo, mentres que noutras oracións, o sistema é nominativo/acusativo. O sistema ergativo/absolutivo emprégase con oracións con orde verbo-obxecto-suxeito, mentres que o nominativo/acusativo existe en oracións con orde suxeito-verbo-obxecto. Ademais, as oracións con pronomes enclíticos empregan todas o sistema ergativo/absolutivo.
O bugi emprega reduplicacións como diminutivo (manu, 'galiña'; manu-manu, 'pardal'). A immensa maioría de verbas son paroxítonas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada bugi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 24 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua bugi |
