Durante o mes de abril de 2008, "Just Dance" foi lanzada polo selo Interscope como o sinxelo debut de Gaga a nivel internacional.
A letra de "Just Dance" está centrada nunha temática festeira. A estrutura musical da canción, está creada en base a sintetizadores e ten influencias R&B. "Just Dance" contou cun recibimento positivo por parte dos críticos. Gaga cantou a canción en diversos países, como os Estados Unidos, o Canadá e o Reino Unido principalmente. Tamén promoveu a canción nas súas xiras internacionais, The Fame Ball Tour e The Monster Ball Tour.
O seu vídeo musical foi dirixido por Melina Matsoukas, e ao igual cá canción, baséase nunha temática festeira. A súa liña de historia mostra a Gaga con outras persoas nunha casa, bailando e cantando ao ritmo da canción.
O sinxelo tivo un grande éxito. Chegou ao Nº 1 en países como os Estados Unidos, Australia, o Canadá, Irlanda, os Países Baixos e o Reino Unido. Nos Estados Unidos, "Just Dance" foi un grande éxito, e o sinxelo tardou case cinco meses na lista Billboard Hot 100 antes de chegar ao cumio da táboa, en xaneiro de 2009.