Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jet2.com é unha aeroliña de baixo custo británica baseada no aeroporto de Leeds Bradford. Jet2.com é a cuarta aeroliña de voos regulares máis grande do Reino Unido.[1] Ademais da súa base principal en Leeds Bradford, ten outras nos aeroportos de Manchester, Belfast-International, Edimburgo, Newcastle, East Midlands, Glasgow, Alacant, Birmingham e Londres-Stansted. A aeroliña ten unha licenza de operación tipo A, que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 asentos ou máis. Jet2.com tamén ofrece servizos chárter a través da súa marca Jet2charters.
En agosto de 2017 a frota de Jet2.com estaba formada polos seguintes avións:[2][3]
Frota de Jet2.com
| Avión |
En servizo |
Pedidos |
Pasaxeiros |
Notas |
| Boeing 737-300 |
20 |
— |
148 |
Catro convertidos a configuración Quick Change Serán substituídos gradualmente por 737-800 |
| Boeing 737-800 |
39 |
18[4][5] |
189 |
Entregas ata xaneiro de 2019 |
| Boeing 757-200 |
11 |
— |
235 |
|
| Total |
70 |
18 |
|