6.006.156 (2014) 6.009.976 (2015) 6.003.815 (2017) censo 6.004.108 (2018) censo 6.004.947 (2019) censo 5.997.734 (2020) censo 5.995.292 (2021) censo 5.998.916 (2022) censo 5.992.194 (2023) censo
Hauts-de-France[1] é unha rexión francesa. Creada a partir da reforma territorial de 2014 coa fusión de Norte-Paso de Calais e Picardía, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.[2] O Consello de Estado de Francia aprobou Hauts-de-France (Alta Francia) como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016.[3] A rexión abarca unha área de máis de 31813km2 (12283sqmi) e contaba no 2015 cunha poboación de 6 009 976 habitantes.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Lille.
O nome temporal de Nord-Pas-de-Calais-Picardie foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada[5] dos nomes das agora abandonadas denominacións rexionais de Norte-Paso de Calais e de Picardía.
O 14 de marzo de 2016, con suficiente anticipación á data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional aproba "Hauts-de-France" como o nome definitivo da rexión[1][5], supoñendo o abandono do nome provisional para o 30 de setembro de 2016.[3]
Ao igual que sucede coa rexión do Gran Leste, o nome de Alta Francia non contén referencia algunha á historia ou identidade da área, limitándose a describir a súa posición xeográfica dentro da Francia metropolitana.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.