Gregory T. Linteris
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de outubro de 1957 Demarest |
| Educación | Universidade de Princeton Universidade Stanford Northern Valley Regional High School at Demarest (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta |
| Tempo no espazo | 19 días, 15 horas e 58 minutos |
Gregory Thomas Linteris, nado en Demarest, Nova Jersey, o 4 de outubro de 1957, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-94 e STS-83.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Linteris graduouse en enxeñería química pola Universidade de Princeton en 1979 e é máster pola Universidade de Stanford en 1984. Ten un doutoramento en enxeñería mecánica e aeroespacial por Princeton en 1990.[1][2]
Participou nas misións STS-94 e STS-83, pasando un total de 19,67 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2020). "Linteris, Gregory Thomas" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020.
- 1 2 3 NASA, ed. (xullo de 1997). "GREGORY T. LINTERIS (PH.D.)PAYLOAD SPECIALIST" (PDF) (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregory T. Linteris |