Fukui (福井市, ふくいし; Fukui-shi) é unha cidade e concello da prefectura de Fukui no Xapón, e capital de dita prefectura. Está situado ó oeste da parte de Hokuriku da rexión de Chūbu e ó norte da prefectura, na zona da provincia histórica de Echizen (Reihoku), no centro da illa de Honshū. Ten 536,17km² de superficie, unha poboación de 267.967 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 500 hab./km².