Exclave
Aparencia
| Exclave | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Un exclave, en xeografía política, designa un territorio que pertence politicamente a outro, pero que non está conectado por terra con este (coa excepción das illas).
Exemplos en Galiza
[editar | editar a fonte]Parroquias entre outros concellos
[editar | editar a fonte]- Bruma, parroquia do concello de Mesía, entre Ordes, Carral e Abegondo.
- Vilacova, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, entre Ponteareas e As Neves.
- Uma, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, entre Ponteareas, As Neves, Mondariz e A Caniza.
- Vilar de Mouros e A Lampaza, lugares da parroquia de Doade (Sober), entre Monforte de Lemos e Castro Caldelas.
- Vilariño Frío en San Cristovo de Cea, entre Dozón e Piñor.
- Rabal en Oímbra
Parroquias descontinuas
[editar | editar a fonte]- Vigo en Boqueixón
- Breamo en Pontedeume
- Maniños en Fene
- Santiago de Mondoñedo en Mondoñedo
Casos asimilables
[editar | editar a fonte]Cando un concello está dividido en varias partes:
Cando un concello ten unha illa que forma parroquia independente:
Casos límite
[editar | editar a fonte]Cando unha parroquia forma unha excrecencia do territorio principal do concello, como unha península.
- Caión en A Laracha
- San Pedro de Losón de Vila de Cruces
- Xoibán en Vilalba
- O Temple en Cambre
e en menor medida:
Exemplos en España
[editar | editar a fonte]- A vila navarra de Petilla de Aragón, en Aragón.
- O municipio cántabro de Valle de Villaverde, en Biscaia.
- A vila catalá de Llívia, en Francia.
- O Rincón de Anchuras, concello da provincia de Cidade Real, entre as provincias de Toledo e Badaxoz.
- O Rincón de Ademuz, pertencente á Provincia de Valencia, entre a provincia de Teruel e a de Cuenca.
- O Condado de Treviño, pertencente á provincia de Burgos, situado dentro da provincia de Áraba.
- O municipio biscaíño de Orduña, entre Áraba e a provincia de Burgos.
- A madrileña Devesa da Cepeda, situada entre as provincias de Ávila e de Segovia.
- A localidade de Villar (provincia de Córdoba) na provincia de Sevilla.
Exemplos no mundo
[editar | editar a fonte]- A rexión rusa de Kaliningrado, entre Polonia e Lituania.
- A antiga Berlín Occidental dentro da República Democrática Alemá.
- A República autónoma de Nakhichevan, que está entre Irán e Armenia, pero é un territorio pertencente a Azerbaidján.
- A península de Copacabana, que pertence a Bolivia pero conecta territorialmente ao Perú.
- A Illa Martín García que pertence a Arxentina pero está no sector uruguaio do Río da Prata.
- A Illa da Liberdade de Nova York, atópase no territorio de Nova Jersey.
- O distrito de Temburong de Brunei, único distrito que se atopa separado do resto do territorio e que está rodeado por Malaisia e con costas sobre a baía de Brunéi.
- A rexión chamada Likoma en Malawi.