Saltar ao contido

El Clot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Clot
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   26.759 (2021) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   69,6 ha Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap4150097 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/065ylvj Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

El Clot é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. É un dos núcleos máis antigos do distrito dado que xa existía na época medieval co nome de Clotum Melis. O nome actual deriva da palabra Cros, que significa "fondo" e que fai referencia a terras de cultivo situadas en fondais.

Esta zona era unha das que provía Barcelona de víveres grazas ás súas hortas e muíños arredor do Rec Comtal (rego condal) e algunhas das construcións de carácter rural, masías e torres señoriais aínda se manteñen como a Torre do Fang. No século XIX instaláronse no barrio fariñeiras e industrias téxtiles, entre outras. Isto provocou que a finais de século fora un grande asentamento industrial e obreiro.

Actualmente o Clot aínda é un barrio obreiro, a pesar de que está rodeado pola zona sur de grandes edificios como a Torre Agbar e centros comerciais como o de Glòries, creando un contraste arquitectónico visible. Está situado relativamente preto do centro da cidade e moi ben comunicado por transporte público, xa que ten entre outros servizos unha grande estación de Metro e Renfe.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]