Saltar ao contido

Dunkerque

Dunkerque
 Nome orixinal
Dunkerque (fr)  
Duunkerke (vls)  
Duinkerken (nl)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Dunkerque (fr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Lingua usada
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
9 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Dunkerque (en) Traducir (1978 - 2010) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
86.263 (2023)
89.882 (2013)
89.160 (2014)
88.876 (2015)
89.485 (2016)
87.353 (2017)
86.865 (2018)
86.279 (2019)
86.545 (2020)
86.788 (2021)
87.013 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   45.586 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   41.767 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   43,89 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
Códigos e identificadores
Código postal59140 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap139610 Editar o valor en Wikidata
VIAF147738740 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0md6f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: Dunkerque LinkedIn: ville-de-dunkerque-66a543167 BNE: XX456256 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Dunkerque (en neerlandés Duinkerke) é unha cidade portuaria do norte de Francia, no departamento de Norte, situada a 10 quilómetros da fronteira con Bélxica.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A poboación do concello era de 86.865 habitantes no ano 2018. Incluíndo poboacións próximas, a poboación da área metropolitana é de máis de 200 mil habitantes. O seu nome provén das palabras neerlandesas duin (duna) e kerk (igrexa).

Rexión moi disputada entre España (pois pertencía aos Países Baixos españois), Inglaterra, os Países Baixos e Francia, non foi ata o 17 de outubro de 1662 que pasou definitivamente a soberanía francesa, cando Carlos II de Inglaterra llela vendeu por 40.000 libras. Durante o reinado de Lois XIV serviu de base para un gran número de corsarios, o máis famoso dos cales foi Jan Bart, coñecido por atacar barcos holandeses.

Xa bombardeada durante a Primeira guerra mundial, a cidade padeceu especialmente durante a Segunda. En 1940 foi escenario da evacuación de 300.000 soldados franceses e británicos, estes últimos pertencentes á Forza Expedicionaria Británica, cara a Gran Bretaña, ante o avance alemán, no que foi coñecido como Operación Dinamo (ver Batalla de Dunkerque).

O 14 de decembro de 2002, o Tricolor, un barco noruegués destinado ao transporte de coches, chocou co Kariba (rexistrado nas Bahamas) en fronte ás costas de Dunkerque, e afundiu, o que representou un inmenso perigo para a navegación no canle da Mancha. Xa á noite seguinte o Nicola, un barco alemán, tocou o naufraxio e tivo que ser remolcado para liberarse. O 1 de xaneiro de 2003 o barco de bandeira turca Vicky embarrancou nos restos do Tricolor, pero puido marchar ao subir a marea.

Economía

[editar | editar a fonte]

Dunkerque é o terceiro porto máis grande de Francia logo do Le Havre e de Marsella. Tamén teñen importancia as industrias metalúrxica, alimentaria, petroquímica e naval. Dunkerque representa, ademais, un importante nó de comunicacións, con enlaces con tren de alta velocidade con Lille e París (ademais de trens de proximidade), por autoestrada con Flandres e Calais e por ferri con Ramsgate e Dover, en Gran Bretaña.

Eventos e atraccións turísticas

[editar | editar a fonte]

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Dunkerque está irmandada con:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]