Saltar ao contido

Drepaneidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Drepaneidos
 Nome taxon
    Drepane
Georges Cuvier 1831 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeEphippiformes
FamiliaDrepaneidae
XéneroDrepane Editar o valor en Wikidata
Cuvier, 1831 Drepane Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c5fz4 Editar o valor en Wikidata
ITIS645409 Editar o valor en Wikidata
OTT250275 Editar o valor en Wikidata
CoL487N Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os drepaneidos ( Drepaneidae, Gill 1972) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos pola costa occidental e oriental de África, o océano Índico, sueste asiático e o Pacífico occidental. Son peixes costeiros marítimos, aínda que ás veces penetran nos estuarios.

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan un corpo alto e comprimido lateralmente, subrómbico. Boca pequena e protráctil. Poden ter pequenas barbas baixo a mandíbula.

Unha soa aleta dorsal, cunha primeira parte espiñosa (13 a 14 espiñas) e unha segunda de radios brandos; anal con tres espiñas e cerca de 20 radios brandos; as pectorais son moi longas e de perfil falcado, do que toma o nome científico (en grego, deprane significa "fouce").

Drepane punctata

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A familia comprende un só xénero, con tres especies:

  • Xénero Drepane
    • Drepane africana (Osório, 1892)
    • Drepane longimana (Bloch e Schneider, 1801).
    • Drepane punctata (Linnaeus, 1758)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]