Saltar ao contido

Douala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douala
 Nome orixinal
   Douala (fr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Kamerun (de)  ata 1901 Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Roger Mbassa Ndine (en) Traducir (2020 - ) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
2.768.436 (2015)
2.446.945 (2012)
2.361.000 (2010)
1.490.000 (2000) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   210 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   13 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF134807356 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dbks Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Communaute.Urbaine.Douala Youtube: UCdANowaxjNT0WiNHyDcEatw BNE: XX6313318 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Douala é a maior cidade do Camerún e capital da Rexión do Litoral e do departamento de Wouri. Cunha poboación de 2 768 400 habitantes (2014),[1] cidade atópase no oeste do país, a beiras do golfo de Guinea, no océano Atlántico, xusto na desembocadura do río Wouri. A cidade esténdese a ambas as beiras do río, unidas pola ponte Bonaberi. Douala é unha das cidades máis importantes do país e a capital económica do Camerún. Tamén é un importante porto de entrada de mercadorías cara ó Chad e a República Centroafricana, os veciños do Camerún sen litoral.

A cidade conta con importantes infraestruturas como o Aeroporto Internacional de Douala. Ademais é o principal porto do país e é a terminal de dúas liñas de ferrocarril que se prolongan cara ó interior e enlazan con Yaoundé, Ngaoundéré, Kumba e Nkongsamba. Así pois, dende Douala realízanse a maioría das exportacións do país, como as de petróleo, café e cacao, ademais de producirse un importante comercio co veciño Chad. En Douala atópase o mercado Eko, o maior do país. As industrias máis importantes son as fábricas de produtos de aluminio, a elaboración de cervexa, refrescos, a industria téxtil e da madeira.

Os portugueses foron os primeiros europeos en chegar á cidade, en 1472. En 1650 converteuse nun asentamento de emigrantes duala provenientes do interior, e durante o século XVIII foi un centro do comercio transatlántico de escravos. Tras pasar a mans alemás en 1884, a poboación recibiu o nome de Kamarunstadt (Cidade do Camerún en alemán) e converteuse na capital do Camerún alemán.[2] En 1907 foi rebautizada como Douala e pasou a mans de Francia en 1919. Foi a capital do Camerún dende 1940 até 1946.[3]

  1. "Cameroon: Regions, Major Cities & Towns - Population Statistics, Maps, Charts, Weather and Web Information". www.citypopulation.de.
  2. Britannica, Douala, britannica.com, USA, consultado o 7 de xullo de 2019
  3. Mark Dike DeLancey, Mark W. Delancey, Rebecca Neh Mbuh, Historical Dictionary of the Republic of Cameroon, Rowman & Littlefield, USA, 2019, p. 176

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brooke, James (1987). "Informal Capitalism Grows in Cameroon." The New York Times. 30 de novembro. (en inglés)
  • Derrick, Jonathan (1977). "Review of Douala: ville et histoire by René Gouellain." Africa: Journal of the International African Institute. 47:4. (en inglés)
  • Diwouta-Kotto, Danièle (2010). Suites architecturales: Kinshasa, Douala, Dakar. Épinal: Association VAA. (en francés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]