O distrito de Faro é un distrito portugués, coincidente coa provincia tradicional do Algarve. Limita ao norte co Distrito de Beja, ao leste con España, e ao sur e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 4960km², sendo así o 10º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 421.528 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Faro.
O Algarve é a única rexión portuguesa perfectamente definida, e consecuentemente é a única que non ten unha división administrativa confusa. Na actualidade constitúe unha única subrexión estatística, correspondente ao distrito de Faro na súa totalidade.