Deserto do Thar
| (raj) थार मरुधर | |||||
| Tipo | deserto ecorrexión da WWF | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| División administrativa | Rajasthan, India, Haryana, India, Panxab, India, Gujarat, India, Sind, Paquistán e Punjab, Paquistán | ||||
| |||||
| Características | |||||
| Altitude | 457 m 61 m | ||||
| Dimensións | 405 ( | ||||
| Superficie | 200.000 km² | ||||
O deserto de Thar ou deserto do Thar é unha vasta rexión de deserto areoso situada no noroeste da India e no leste do Paquistán. Limita ao noroeste co río Sutlej, ao leste coa cordilleira de Aravalli, ao sur coa marisma salina coñecida como Rann de Kachchh e ao oeste coa chaira do río Indo. Situado principalmente no Estado de Rajasthan, na India, o deserto de Thar ten uns 805 km de longo e uns 485 km de ancho.[1][2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Área
[editar | editar a fonte]É o sétimo deserto máis grande por superficie (200.000 km²). En lugar dun verdadeiro deserto, é en realidade unha extensión de estepa con moi pouca vexetación, agás as dunas bastante extensas.[3]
Clima e bioma
[editar | editar a fonte]Recibe menos de 200 mm de precipitacións ao ano. As súas principais cidades son Bikaner e Jaisalmer. A pesar destas condicións de vida extremas, a vida está presente no deserto. Entre os mamíferos, atopamos o antílope negro da India (Antilope cervicapra), a gacela árabe (Gazella bennettii), o caracal (Felis caracal) e o raposo do deserto (Vulpes bengalensis). Tamén é o deserto máis densamente poboado do mundo.

A zona converteuse en deserto nun período relativamente recente, quizais entre o 2000 e o 1500 a. C. Nesta época, o río Ghaggar deixou de ser unha importante vía fluvial e desapareceu no deserto.[4][5] Nas últimas dúas décadas ficou un 38% máis verde, debido a efectos combinados do cambio climático e da intervención humana.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Thar desert - The Encyclopedia of Earth". editors.eol.org (en inglés). Consultado o 2025-07-28.
- ↑ "Thal". DOPA Explorer; dopa-explorer.jrc.ec.europa.eu. Consultado o 2025-07-28.
- ↑ Dinerstein, Eric; Olson, David; Joshi, Anup; Vynne, Carly; Burgess, Neil D.; Wikramanayake, Eric; Hahn, Nathan; Palminteri, Suzanne; Hedao, Prashant (2017-06). "An Ecoregion-Based Approach to Protecting Half the Terrestrial Realm". BioScience (en inglés) 67 (6): 534–545. ISSN 0006-3568. PMC 5451287. doi:10.1093/biosci/bix014.
- ↑ Giosan, Liviu; Clift, Peter D.; Macklin, Mark G.; Fuller, Dorian Q.; Constantinescu, Stefan; Durcan, Julie A.; Stevens, Thomas; Duller, Geoff A. T.; Tabrez, Ali R. (2012-06-26). "Fluvial landscapes of the Harappan civilization". Proceedings of the National Academy of Sciences 109 (26): E1688–E1694. PMC 3387054. doi:10.1073/pnas.1112743109.
- ↑ Singh, Ajit; Thomsen, Kristina J.; Sinha, Rajiv; Buylaert, Jan-Pieter; Carter, Andrew; Mark, Darren F.; Mason, Philippa J.; Densmore, Alexander L.; Murray, Andrew S. (2017-11-28). "Counter-intuitive influence of Himalayan river morphodynamics on Indus Civilisation urban settlements". Nature Communications (en inglés) 8 (1): 1617. ISSN 2041-1723. PMC 5705636. doi:10.1038/s41467-017-01643-9.
- ↑ Mishra, Vimal; Solanki, Hiren; Nemani, Ramakrishna (2025-05-23). "Greening of the Thar Desert driven by climate change and human interventions". Cell Reports Sustainability (en English) 2 (5). ISSN 2949-7906. doi:10.1016/j.crsus.2025.100364.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: India |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deserto do Thar |

