Demencia
| Demencia | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||||||||
|
Tratado por
| |||||||||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
citalopram (pt)
quetiapina (pt) olanzapina (pt) Pimavanserina (pt) memantina (pt) aripiprazol (pt) dihydro-α-ergocryptine (en) rivastigmina (pt) galantamina (pt) risperidona (pt) tacrina (pt) perphenazine (en) donepezila (pt) di-hidroergocristina (pt) | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Unha demencia[1] é un conxunto de patoloxías do sistema nervioso central que producen un déficit, en termos xerais progresivo e irreversible, que condiciona perda de funcións cerebrais superiores (memoria, linguaxe, razoamento etc.) e outras habilidades previamente adquiridas, pero mantendo un nivel de consciencia normal.
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]As demencias son pouco comúns en individuos menores de 50 anos, e nas demencias precoces adoita haber unha ou múltiples alteracións xenéticas predispoñentes ou causantes. A frecuencia aumenta exponencialmente coa idade, chegando ata o 22% en maiores de 85 anos.
Demencias máis comúns
[editar | editar a fonte]A demencia máis frecuente é a enfermidade de Alzheimer, que produce un curso progresivo en anos, con alteracións na memoria, aprendizaxe, linguaxe, recoñecemento e nas etapas finais, alteracións motoras semellantes á enfermidade de Parkinson e mesmo convulsións tónico-clónicas.
Outras demencias frecuentes son:
Diagnóstico
[editar | editar a fonte]O diagnóstico da maioría das demencias é clínico, xa que non existen marcadores biolóxicos aptos hoxe en día. As probas neuropsicolóxicas poden ser de axuda. É preciso, non obstante, descartar causas de demencias tratables mediante unha análise de sangue, medición dos niveis de ácido fólico e seroloxía luética. Os probas de neuroimaxe axudan a descartar outras enfermidades do sistema nervioso central, coma a hidrocefalia do adulto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "demencia, páx. 201" (PDF). edu.xunta.gal; DXPL; Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Harrison, Principios de Medicina Interna. 17ª edición (en castelán)
