Saltar ao contido

DTM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaDTM
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipotorneo Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2000 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialdtm.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: DTM Twitter: dtm Instagram: dtm.official Youtube: UCwKq447rYMVI5dAQWMmFnfg Editar o valor en Wikidata

Mike Rockenfeller, Mika Häkkinen e Bruno Spengler nunha carreira en Oschersleben no ano 2007.

O Deutsche Tourenwagen Masters (abreviadamente DTM) é un campionato automobilística de turismos que se disputa en Alemaña dende o ano 1984 como Deutsche Tourenwagen Meiterschaft e dende o ano 2000 como o nome actual. Os coches que corren nesta competición son automóbiles de turismo con carrocerías semellantes ás dun coche convencional, peros con formas aerodinámicas para poder alcanzar os 300 km/h.

O DTM é unha das competicións de turismos máis importantes do mundo e un dos campionatos automobilísticos internacionais máis populares, logo da Fórmula 1 e da NASCAR. Neste campionato corren ou correron estrelas propias como Bernd Schneider, Timo Scheider ou Mattias Ekström e antigos pilotos da Fórmula 1 como Mika Häkkinen, Ralf Schumacher ou David Coultard.

Unha carreira de abril do 2008 en Hockenheimring.

Deutsche Tourenwagen Meiterschaft

[editar | editar a fonte]

O Deutsche Tourenwagen Meiterschaft foi a competición orixinal do DTM, e disputouse entre os anos 1984 e 1996. Comezou disputándose con equipos privados e coas regras da Federación Internacional do Automóbil. O éxito en Alemaña foi moi grande e polo tanto moitas maracas nacionais como Mercedes-Benz, Opel, BMW, Alfa Romeo e Audi empezaron a competir no campionato con equipos oficiais. A competición quixo medrar demais e por iso rematou terminando estrepitosamente. Os orzamentos, os dereitos de televisión e as entradas ás carreiras cada vez subían máis. As carreiras non só se corrían en Alemaña; tamén comezaron a disputarse grandes premios noutros países coma o Brasil, o Xapón ou Finlandia e a competición adaptou o nome de Campionato Internacional de Turismos (ITC). Esta decisión fixo que os custos subiran de maneiras desorbitadas e que por esta razón Alfa Romeo, BMW e Opel deixaran de correr na competición facendo que Mercedes-Benz quedara soa e que o ITC desaparecera no ano 1997.

Deutsche Tourenwagen Masters

[editar | editar a fonte]

Logo duns anos sen DTM, os directores deportivos de Mercedes-Benz, Audi e Opel reuníronse no 1998 e no 1999 co fin de refacer o DTM como unha competición tecnolóxica, divertida e de custos razonábeis.

O novo DTM empezou a correrse no ano 2000 e converteuse na serie de turismos máis importante a nivel mundial. Actualmente, os automóbiles desta competición contan con motores V8 de 4.0 litros e cunha potencia máxima de 480 CV. Cada piloto conta só con dous motores por campaña, o cal reduce os custos de competición en moito diñeiro.

Opel abandonou o campionato no 2005. BMW regresou ao DTM na temporada 2012. Na actualidade, o DTM dispútano automóbliles de tres marcas: Mercedes-Benz, BMW e Audi.

Na tempada 2017 o campionato sufriu as súas últimas modificacións. O número de pilotos do DTM rebaixouse de 24 a 18. Ademais, as dúas carreiras da fin de semana pasaron a ser dunha distancia de 55 minutos máis unha volta completa.

Circuítos

[editar | editar a fonte]

Campións

[editar | editar a fonte]
Bernd Schneider é o piloto con máis campionatos da DTM. 5:1995, 2000, 2001, 2003 e 2006.

Campións do Deutsche Tourenwagen Meiterschaft

[editar | editar a fonte]
AnoPilotoAutomóbil
1984Alemaña Volker StrycekBMW 635 CSi
1985 Per SturesonVolvo 240 Turbo
1986Dinamarca Kurt ThiimRover Vitesse
1987Bélxica Eric van den PoeleBMW M3
1988Alemaña Klaus LudwigFord Sierra
1989Italia Roberto RavagliaBMW M3
1990Alemaña Hans-Joachim StuckAudi V8 Quattro
1991Alemaña Frank BielaAudi V8 Quattro
1992Alemaña Klaus LudwigMercedes-Benz 190
1993Italia Nicola LariniAlfa Romeo 155
1994Alemaña Klaus LudwigMercedes-Benz Clase C
1995Alemaña Bernd SchneiderMercedes-Benz Clase C
1996Alemaña Manuel ReuterOpel Calibra

Campións do Deutsche Tourenwagen Masters

[editar | editar a fonte]

2018 || Disputándose

AnoPilotoAutomóbil
2000Alemaña Bernd SchneiderMercedes-Benz Clase CLK
2001Alemaña Bernd SchneiderMercedes-Benz Clase CLK
2002Francia Laurent AïelloAudi TT
2003Alemaña Bernd SchneiderMercedes-Benz Clase CLK
2004 Mattias EkströmAudi A4
2005 Gary PaffetMercedes-Benz Clase C
2006Alemaña Bernd SchneiderMercedes-Benz Clase C
2007 Mattias EkströmAudi A4
2008Alemaña Timo ScheiderAudi A4
2009Alemaña Timo ScheiderAudi A4
2010 Paul di RestaMercedes-Benz Clase C
2011Alemaña Martin TomczykAudi A4
2012 Bruno SpenglerBMW M3
2013Alemaña Mike RockenfellerAudi A5
2014Alemaña Marco WittmannBMW M4
2015Alemaña Pascal WehrleinMercedes-Benz Clase C
2016Alemaña Marco WittmannBMW M4
2017Alemaña René RastAudi RS5

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]