Saltar ao contido

Crevillent

Crevillent
 Nome orixinal
    Crevillent (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Crevillent (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
crevillentina (ca)  
crevillentí (ca)  
crevillentino (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
25.101 (2001) rexistro civil
25.654 (2002) rexistro civil
26.260 (2003) rexistro civil
26.632 (2004) rexistro civil
27.323 (2005) rexistro civil
27.815 (2006) rexistro civil
28.172 (2007) rexistro civil
28.432 (2008) rexistro civil
28.609 (2009) rexistro civil
28.738 (2010) rexistro civil
28.362 (2011) rexistro civil
28.439 (2012) rexistro civil
28.382 (2013) rexistro civil
28.328 (2014) rexistro civil
28.465 (2015) rexistro civil
28.691 (2016) rexistro civil
28.836 (2017) rexistro civil
28.957 (2018) rexistro civil
28.952 (2019) rexistro civil
29.536 (2020) rexistro civil
29.717 (2021) rexistro civil
29.881 (2022) rexistro civil
30.191 (2023) rexistro civil
30.585 (2024) rexistro civil
30.921 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   14.325 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   14.627 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   104,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   130 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal03330 Editar o valor en Wikidata
Código INE03059 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343398 Editar o valor en Wikidata
VIAF122872505 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04lj_w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
 Páxina WEB
BNE: XX453865
Wikidata G:Commons C:Commons

Crevillent é un concello do País Valenciano situado na comarca do Baix Vinalopó, na provincia de Alacant. A súa proximidade co municipio de Elx permítelle formar parte da área metropolitana de Alacant-Elx. Crevillent ten 28.432 habitantes (INE 2008).

As súas festas de Mouros e Cristiáns, xunto coa celebración da Semana Santa, foron declaradas Festas de Interese Turístico Nacional. Crevillent tamén destacou pola súa tradicional industria alfombreira, que lle conferiu o alcume de Ciutat de la Catifa (cidade da alfombra). Ao redor do 80% da poboación son valenciano-falantes.

Igrexa de Crevillent.
Termo municipal de Crevillent.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situado entre a Serra de Crevillent e a veiga do Segura. Os seus límites son: ao norte, Asp e Fondó de les Neus; ao leste, Elx; ao oeste, Albatera; e ao sur, Catral. O seu termo municipal comparte o Parque Natural da Llacuna del Fondo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica

[editar | editar a fonte]

O estudo da poboación de Crevillent, como xeralmente en todo País Valenciano, non se puido realizar dun modo periódico e seguro máis que a partir de 1857. A poboación ata 1609 estaba composta case totalmente de mouriscos ou cristiáns novos, isto é, musulmáns convertidos ao catolicismo, os máis á forza, entre 1521 e 1526, como consecuencia da revolta das Germanías.

Segundo o censo de Lapeyre (vila de Francia dos Altos Pireneos) de 1563, tiña 208 veciños, que co coeficiente de 1 veciño igual a 4,5 persoas, resultan ao redor de 936 habitantes. En 1602 había 1.777; en 1609, 1.800 habitantes; logo da expulsión dos mouriscos (1609) só quedou unha cuarta parte da poboación, e en 1646 había 873 habitantes, segundo Henri Lapeyre. En 1739 había en Crevillent 3600 habitantes e en 1794, 8100 habitantes.

Evolución demográfica de Crevillent[1]
18571887191019201930194019501960197019811991200120062008
Poboación7.78710.11410.45211.21611.99111.40312.63614.04716.90120.84122.66025.10127.81528.432

Demografía actual e inmigración

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do INE para o 2008, Crevillent ten 28.432 residentes, polo que é o 16º municipio da provincia en número de habitantes. O 12,3% da poboación censada no 2008 era de nacionalidade estranxeira, principalmente marroquí (1.879 censados, o 6,6% do total do municipio), aínda que tamén existe unha resaltable colonia de latinoamericanos, así como comunitarios, na súa maioría ingleses.[2]

Núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]

Os habitantes atópanse repartidos polos diferentes núcleos de poboación do termo (datos de poboación segundo INE 2007):[3]

  • Crevillent (27.150 habitantes)
  • El Realengo (364 habitantes)
  • El Barri de l'Estació (64 habitantes)
  • El Racó dels Pablos (27 habotantes)
  • Sant Felip Neri (461 habitantes) (Núcleo de poboación onde non existe presenza histórica do catalán, ao igual que en Les Casiques) por ser unha Pía fundación do cardeal Belluga, nun proceso de repoboación a partir de xentes vidas dende Murcia. Dende 2007 procuran independizarse e ser considerados unha entidade local menor, situación que chegou a cometida de actos vandálicos contra a capital municipal)
  • Les Casiques (92 habitantes)

Sant Felip e Les Casiques son os únicos núcleos da comarca onde se fala castelán.

Economía

[editar | editar a fonte]

A industria téxtil foi a principal actividade económica de Crevillent. Esta industria xurdiu da artesanía do esparto e do xunco que proliferaba nos séculos XIX e XX. No mellor momento da industria téxtil había máis de 80 fábricas. Outros sectores que sufriron a mesma sorte son o do calzado, que substituíu a alpargata tradicional, a construción, a madeira, a metalurxia e a alimentación.

No seu campo cultivábanse alfarrobeiras, amendoeiras, cítricos, vide, figueiras, granados e hortalizas (25% de secaño, mentres que o regadío supón o 75%). Moitos destes campos están sendo urbanizados masivamente.

Crevillent é, xunto a Guardamar del Segura (aínda que con maior viveza que nesta última), a localidade máis meridional que conserva o valenciano como lingua habitual da gran maioría dos veciños. O dialecto local conserva algúns arcaísmos medievais, aínda que en xeral cumpre coas características do valenciano do sur de Alacant como son a caída do "r" final, por exemplo pujà, baixà por "pujar" ou "baixar") ou caída do "d" intervocálico (naal por "nadal"). O valenciano de Crevillent toma moitos castelanismos, debido á súa situación histórica nunha fronteira lingüística: ao sur e ao oeste de Crevillent atópase a comarca do Baix Segura, monolingüe en castelán, e de feito na pedanía crevillentina de Sant Felip Neri fálase só en castelán dende a súa fundación por colonos murcianos; ademais, ao norte atópase a localidade de Asp, tamén historicamente monolingüe en castelán.

Tralo valenciano tamén existe unha significativa comunidade lingüística de falantes de árabe debido á forte inmigración magrebí.

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  3. INE - Relación de unidades poboacionais